Conversa usuario:Fis-mulleres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido(a) á Galipedia, Fis-mulleres!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app kedit green-pencil.svg Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal ksmiletris.svg Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Banjo tell me 6 de febreiro de 2020 ás 19:56 (UTC)

Traducións automáticas[editar a fonte]

Stop hand nuvola.svg Por favor deteña as súas traducións automáticas sen revisión posterior, coma a feita na súa última edición. A súa última edición foi marcada como unha tradución automática, e será borrado nun curto período de tempo a non ser que se arranxe o problema indicado.

As traducións automáticas considéranse prexudiciais, xa que o software de tradución automática é propenso a cometer moitos erros. Isto provoca que os artigos requiran unha revisión completa, sendo na maioría dos casos máis axeitado o borrado do artigo e o comezo dende cero. Teña en conta que unha reiteración na inclusión deste tipo de traducións automáticas podería chegar a causarlle ser obxecto dun bloqueo temporal ou permanente. Banjo tell me 6 de febreiro de 2020 ás 19:56 (UTC)

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Fis-mulleres. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 6 de febreiro de 2020 ás 21:56 (UTC)

Ola, Fis.
Amañado o das referencias en "Agnes Pockels": [1]
Cando teñas tempo, bótalle un ollo ao libro de estilo.
Graciñas, un saúdo e a seguir! --. HombreDHojalata.conversa 9 de febreiro de 2020 ás 11:18 (UTC)

Suxestión de tradución[editar a fonte]

Ola, Fis-mulleres. Igual che apetece traducir ao galego a entrada de Alexandra Elbakyan. Tamén está en castelánAlexandra Elbakyan. Saúdos!Maria zaos (conversa) 16 de febreiro de 2020 ás 13:48 (UTC)

Por favor[editar a fonte]

Ola Fis-mulleres

A velocidade e cantidade, sen unha calidade mínima, non serve de muito.

Por favor, antes de iniciar novas traducións automáticas, revisa a ortografía, as referencias e os demais aspectos das que xa levas feitas.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 12 de marzo de 2020 ás 21:56 (UTC)

Citar vídeos[editar a fonte]

Ola Fis.

En resposta a túa pregunta, para citar vídeos temos o Modelo:Cita audiovisual:

* {{Cita audiovisual |título = |apelidos = |nome= |data= |ano= |título-trad= |medio= |lingua= |url= |dataacceso= |url-arquivo= |dataarquivo= |formato= |tempo= |lugar= |editorial= |id= |isbn= |oclc= |cita= |ref= }}

Aproveito para comentarte que, para outra ocasión, a forma máis sinxela de contactar comigo é escribirme en Conversa usuario:HombreDHojalata (a non ser que sexa unha cousa only for my eyes). Tes máis información sobre iso en: Axuda:Como contactar con outros usuarios.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 13 de marzo de 2020 ás 19:10 (UTC)

Modelo traducido de[editar a fonte]

Ola! En vista de que fas traducións de artigos, quería indicarche unha cousiña. Fas moi ben no inicio do traballo o de mencionar a procedencia dos contidos no campo resumo. Así cúmprese coas licenzas en wikipedia. O tema é que na Galipedia levabamos conta das estatísticas de tradución. E facémolo engadindo o modelo traducido de na páxina de conversa do artigo correspondente. Déixoche aquí unha moi boa e detallada explicación que me dera Usuario:MAGHOI no seu día. Maria zaos (conversa) 21 de marzo de 2020 ás 21:25 (UTC)

datos falsos que circulan sobre Chen Wei[editar a fonte]

Penso que pode ser do teu de interese: ver.--Maria zaos (conversa) 24 de marzo de 2020 ás 15:50 (UTC)

Recomendación[editar a fonte]

Ola, boa noite. Escríboche porque vexo que tes bastantes entradas recén creadas e en uso a un tempo. Se polo que sexa precisas ter controlada unha cantidade grande de novas entradas, o mellor é que fagas/movas as traducións/novas entradas á unha subpáxina de usuaria, como fixen eu aquí e cando as remates as movas ao espazo principal. Falo por propia experiencia, é moi fácil esquecerse de artigos que tes en uso se comezas a coleccionar, mentres que as subpáxinas son máis fáciles de localizar Usuaria:Teu_nome/título do artigo na caixiña de busca, por exemplo. Se tes dúbidas para crear o mover a subpáxina, podes consultarmas.
Por outra banda veño de ver que tes algunhas biografías que fixeches anteriormente ás que lle faltan aínda cousas por corrixir: ou non teñen o traducido de na conversa, ou lle faltan ligazóns internas, etc. A min axudoume moito dar volta nos meus pasos e revisar o historial das entradas que fixera para ir anotando todas as eivas e os errores que ía cometendo e que foran revisados por outros editores na Wikipedia. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 9 de abril de 2020 ás 20:31 (UTC)

Modelos[editar a fonte]

Boas Fis-mulleres, vin a túa edición no modelo científico, e teño que comentarche que as modificacións nos modelos teñen que facerse con moito tino e sabendo bastante o que se está facendo. Isto é porque os cambios que se fan neles afectan a todos os artigos que os utilizan, e se engadimos algún erro no modelo, aparecerá en todos eses artigos. Poden facerse probas dos modelos nas súas zonas de proba e se non dan erros logo poden copiarse no modelo orixinal.

Se o que querías era que se puidera usar o modelo científica, non hai que facer nada, tan só hai que chamalo con ese nome. Puxen un exemplo de como facelo na axuda do modelo, se tes calquera dúbida podes contactar comigo :). Saúdos,--Elisardojm (conversa) 9 de abril de 2020 ás 20:59 (UTC)

Debate na taberna[editar a fonte]

Boas! Veño de iniciar un fío na Taberna que creo que é de interese para toda a comunidade e gostaria de coñecer a túa opinión. Aquí está!. Moitas grazas, Piquito (conversa) 20 de abril de 2020 ás 23:43 (UTC)