Conversa usuario:Adorian/Arquivo 2

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da Conversa usuario:Adorian

Nesta páxina atópanse os fíos tratados na Conversa usuario: Adorian que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destas conversas comeza un novo tema na Conversa usuario:Adorian.

Arquivos: 1, 2, 3, 4


  • Estás seguro que é volo onde o usas? Saúdos e grazas polo traballo. --Conversa con Tiberio 15:58, 12 de xaneiro de 2012 (UTC)
  • Teño máis claro os verbos. Os substantivos que recolle a RAG son: badalada, repique, repenique ou redobre. Creo que badalada é o que fai o badalo; quizais soen mellor repique, repenique ou redobre. Escolle. Unha aperta. --Conversa con Tiberio 20:08, 12 de xaneiro de 2012 (UTC)

Boas Adorian. Tes un bo historial editando artigos sobre baloncesto. Coméntoche que teño pensado crear varios artigos sobre tempadas pasadas da NBA, tirando das wikis en español e inglés, como fichen coas Tempadas da Liga ACB. Pareceríame moi interesante a túa colaboración, así como a de outros usuarios ós que sei que lle gusta este deporte, para darlle caña ás tempadas dos Bulls de Jordan, ou dos Lakers de Magic, por exemplo. Xa me comentarás o que pensas. Deica logo. -- JonnyJonny 12:55, 15 de xaneiro de 2012 (UTC)

NBA e Selección de rugby de Galicia[editar a fonte]

Ei compañeiro, por mín non revirtas nada en Selección masculina de rugby de Galicia xa que desisto. Paso de problemas. En todo caso faino se tí queres, xa que me parece que eres o creador do artigo. Respecto das tempadas da NBA, un día destes (se cadra mañá) vou comezar coa Tempada 1946-47 da BAA (se non me engano os 4 primeiros anos chamábase BAA), e tirarei pouco a pouco dende as tempadas mais antigas ate as mais recentes. O propio sería que tódalas tempadas teñan un mesmo estilo. O certo é que son unha chea de tempadas. Xa sabes que estás invitadísimo a aportar ideas e traballo na medida que queiras. A ver qué tal sae. -- JonnyJonny 23:30, 15 de xaneiro de 2012 (UTC)

  • Ei Adorian. Rematei o primeiro artigo: Tempada 1946-47 da BAA. Hei facer os seguintes artigos tomando como referencia o formato deste, por iso, se tes algunha opinión ou pensas que se podería cambiar algunha cousa, xa sabes, na miña páxina de conversa non te cortes un pelo. -- JonnyJonny 02:03, 17 de xaneiro de 2012 (UTC)

Estrela Vermella de Belgrado[editar a fonte]

Boas compañeiro. Estou creando o artigo sobre o Fudbalski Klub Crvena Zvezda, é decir, a sección de fútbol do Estrela Vermella de Belgrado. Véxome na necesidade de convertir a redirección Estrela Vermella de Belgrado nun artigo cativo sobre o club en xeral, con ligazóns ás seccións de fútbol e basket. Quero avisarte por se tes que facer trocos en algún artigo. Un saúdo. - JonnyJonny 12:18, 25 de xaneiro de 2012 (UTC)

Millennium Center[editar a fonte]

Usuario bloqueado, igual que xa o foi en varias outras wikis. Grazas por avisares. --. HombreDHojalata.conversa 17:07, 12 de febreiro de 2012 (UTC)

Casas de concellos[editar a fonte]

Boas!, mira, que temos por aquí unha páxina coas fotos de tódalas casas de concellos e ó mellor podías facer ti algunhas que che queden perto e que faltan (ou non as atopamos) por exemplo Castroverde, O Corgo e Friol son limítrofes con Lugo..., aínda que non sei se estarán a man ou non. Boeno, se che cadra de dar unha volta por alí coa cámara, e che apetece, completaríamos un pouco máis esa galería. A lista de tódolos concellos que faltan está na conversa desa páxina. Boeno, parabéns por todo o teu traballo e a ver se nos vemos na próxima xuntanza :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:08, 17 de febreiro de 2012 (UTC)

Será por tempo, temos todo o tempo do mundo!, cando che cadre ben a ti será o mellor momento :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:25, 20 de febreiro de 2012 (UTC)

Pavillón do Zalgiris Kaunas[editar a fonte]

Ei Adorian, teño que comentar un par de erros que atopei sobre o Kauno sporto halė, o pavillón do Žalgiris Kaunas. O primeiro dos erros é que no propio artigo do pavillón puxeches que nel xoga como local o Lietuvos Rytas, que como sabes é un equipo de Vilnius, non de Kaunas. O segundo erro é que en varias tempadas da Euroliga (Euroliga 2000-01, Euroliga 2001-02, Euroliga 2002-03, Euroliga 2003-04, Euroliga 2004-05, Euroliga 2005-06, Euroliga 2006-07, Euroliga 2007-08 e Euroliga 2008-09), puxeches que o pavillón ten capacidade para 15.442 persoas, cando sabes que é moito mais cativo. Se cadra te enganaches coa capacidade no novo Žalgiris Arena, que se inaugurou en agosto de 2011. Curiosamente en Euroliga 2009-10 e Euroliga 2010-11 puxeches ben o dato da capacidade do pavillón. Mais nada, unha aperta. JonnyJonny (conversa) 16:50, 2 de marzo de 2012 (UTC)

Eu son o primeiro editor. Woden (eh ho?!) 13:48, 5 de marzo de 2012 (UTC)

Non pasa nada ;) Si, por iso mudei todas a "Galiza" para manter a homoxeneidade. Apertas e grazas :) Woden (eh ho?!) 15:08, 5 de marzo de 2012 (UTC)

Ola Adorian. Esta mensaxe é para agradecerche o seguemento do tema das mudanzas Galicia/Galiza e Galiza/Galicia nos artigos (naturalmente tamén polas túas achegas). Ás veces para localizar quen foi o primeiro colaborador hai que navegar polo historial para atopalo, nalgúns artigos cun historial moi longo iso é pouco gratificante. Ademais das achegas de contido esas edicións son de moita axuda para o bo funcionamento do proxecto. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:14, 9 de marzo de 2012 (UTC)

A min pola contra paréceme que non actuaches mal aínda que houbera un erro. A edición semellaba que era do tipo mudar un termo por outro e explicar no resumo de edición o motivo da reversión permitiu aclarar quen foi o primeiro editor. Naquel momento eu mesmo estaba revisando a edición no historial e non era doado, agradecín moito que houbera un compañeiro que estivera pendente diso. Así que outra vez grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:50, 12 de marzo de 2012 (UTC)

Localidades dos pavillóns de Lugo[editar a fonte]

Boas noites compañeiro. Vin que fixeches unha serie de trocos no artigo Lista dos pavillóns de Galicia de maior capacidade, concretamente nos datos que se refiren ós dous recintos da túa cidade, cos cales non estou dacordo. Por partes:

  • No caso do aforo do Pazo Provincial dos Deportes, antepuxeches como referencia válida un dato de arquivo de fai 7 anos antes que o dato que achega o propio CB Breogán a día de hoxe eiquí, na súa web oficial. Como entenderás, iso non pode ser. As capacidades dos recintos deportivos poden varíar con cada pequeniña obra que se faga neles, xa sexa no palco, ou de adaptación para minusválidos, ou para os medios de comunicación etc, e unha referencia de fai 7 anos non pode ser mais válida que unha actual.
  • Por outra banda, no caso do Pavillón dos Deportes de Lugo trocaches o dato do aforo sen achegar unha referencia. No meu caso, eu tiven moitos problemas á hora de concretar o aforo do pavillón en 2.200, e fixen caso do dato que achega eiquí a propia web oficial da LNFS con respecto a esta mesma tempada; mesmo a pesar de que, ainda que non o creas, pasei o traballo de contar unha a unha as butacas do pavillón na imaxe de 360 graos que hai na web do Prone Lugo AD, e a realidade é que non hai mais que 1.560 butacas aproximadamente, e non imaxino onde collen as outras 2.000 que ti dis que collen. Acepto que, como di a web oficial da LNFS, o pavillón poida ampliar a súa capacidade ata as 2.200 localidades de asento, pero de ningún xeito considero o teu dato sen referenciar das 3.500 localidades como correcto.

Polos motivos que acabo de explicar, paso a desfacer as edicións que fixeches, agardando que poidas achegar referencias mais actuais no primeiro dos casos ou algún tipo de referencia no segundo caso, que se poidan considerar mais fiables das que acheguei eu nestes dous casos, para argumentar os teus trocos. Nese caso estarei encantado de aceptar os teus trocos, xa que quero que este artigo sexa fiable e actualizado. De feito convídote a achegar referencias mais fiables que as miñan tamén no caso dos outros 8 pavillóns, xa que nalgún caso foime moi complicado atopar algunha. Un saúdo. -- JonnyJonny (conversa) 23:39, 15 de abril de 2012 (UTC)

Miña naiciña querida, que teimudo eres. ;) Insistes cunha referencia de 2005 (fai 7 anos) que fala de 6.500 localidades e agora ainda engades outra do 2001 (fai 11 anos) que fala de 7.000. A referencia das 6.500 é vella de mais, pero pase, porque entendo que agora o Breogán non está en ACB e non se pode igualar actualmente a situación, e se cadra no caso de estar na ACB, o pavillón podería acoller de novo 6.500 seareiros. Eso sí, a de 7.000 non a entendo. Se dis que o pavillón ten 6.500 localidades de asento, ¿por qué pos unha referencia que di que collen 7.000?. E por outra banda, ¿non tes outra referencia mais actual, deste ano, ou do ano pasado, que fale das 6.500 prazas, para desestimar definitivamente a referencia actual da web do Breogán?. Eu vou procurar na páxina da FEB, ou na do concello, ou nalgún xornal, a ver se atopo algunha cousa mais recente. Lóxicamente unha referencia do 2001 é inválida. Figúrate se eu digo que as Torres Xemelgas de Nova York son o edificio mais alto da cidade achegando unha referencia de 2001... Pois a túa referencia do 2001 é mais antiga que os atentados do 11-S. Supoño que entendes a qué me refiro. Vou retirar esa referencia de 2001 e a miña referencia das 6.000 localidades do Breogán, para non marear á xente con 3 referencias que din 3 cousas distintas, e deixo a túa do 2005 que fala das 6.500 localidades. Ok?. -- JonnyJonny (conversa) 12:03, 19 de abril de 2012 (UTC)
Na miña procura por referencias actuais sobre a capacidade do Pazo dos Deportes só atopei mencións das 6.000 localidades, tanto na web do Breogán, na do ViveMenorca, na do equipo de Palencia e demais equipos de LEB Ouro, todas actuais, e só atopei mencións das 6.500 en páxinas web vellas. Pero dacordo en que se cadra se o Breogán estivese en ACB todo sería diferente. ¿E logo ó respecto do pavillón do Azkar, qué?. Atopaches algo ou non?. Eu nada que non sexa o que puxen, 2.200 localidades como máximo, xa no caso de engadir bancadas nos fondos, e sen elas ó redor de 1.500 ou 1.600 asentos. Coido que as 3.500 das que tiñas idea serán no caso de concertos ou espectáculos, con asentos no medio da pista, ou se cadra nuns tempos en que nas bancadas non houbese asentos de plástico. Veña, un saúdo crack. -- JonnyJonny (conversa) 11:22, 20 de abril de 2012 (UTC)

Warning: the IP address, 212.121.219.1 is the source of serious hacking activities.[editar a fonte]

Warning: the IP address, 212.121.219.1 registered to Oldham MBC public libraries, and which is permanently blocked in English Wikipedia since 2009, is the source of serious hacking activities. Please be on guard with this IP address.

Eurocopa[editar a fonte]

Ei compañeiro. Estás facendo unha serie de artigos sobre a Eurocopa do mais completos e atractivos. Ademais estás a completar a información moi axiña, o que fai posible que a wiki en galego poida ser unha fonte de información case inmediata sobre o evento. Non me atrevo a tocar nada porque está todo perfecto. Sinxelamente, noraboa. Segue así, e xa de paso que haxa sorte na Eurocopa. - JonnyJonny (conversa) 21:51, 22 de xuño de 2012 (UTC)

Licenza de foto[editar a fonte]

Boas, cando teñas un momento, ¿poderías poñerlle a licenza a esta foto que subiches?. Graciñas e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 10:37, 27 de xullo de 2012 (UTC)

Xa a pasei a Commons. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:29, 27 de xullo de 2012 (UTC)

Escultura de Rámón Conde en Lugo[editar a fonte]

Boas, acabo de ver a túa edición no artigo de Lista de obras públicas de Ramón Conde e decateime de que falta unha imaxe dunha escultura súa en Lugo ;). É unha estatua que está na Escola Politécnica Superior, rúa Afonso X o Sabio, as coordenadas están nesa lista e tamén hai unha ligazón externa a unha imaxe, terías un momento para pasar por alí e facerlle unha foto?. Temos permiso do escultor para facer imaxes no interior de edificios públicos e se te animas terías que subila a Commons indicando o ticket OTRS, igual que nesta foto (só hai que poñerlle o modelo {{PermissionOTRS|2012080810010071}} ). É a única que falta da túa cidade... ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:56, 28 de setembro de 2012 (UTC)

Grazas!, cando che veña ben :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:47, 28 de setembro de 2012 (UTC)

Boas Adorian! Estou a traballar no artigo de Praga e non dou feito, poderíasme facer o favor se tes tempo de mirar as ligazóns mortas que hai no artigo? Estou tentando facer as ligazóns en vermello e aínda quería meter algúns contidos máis que fun atopando (principalmente na web municipal). Moitas grazas e unha aperta, Piquito (conversa) 17:01, 24 de outubro de 2012 (UTC)

Moitas grazas Adorian! Piquito (conversa) 20:56, 24 de outubro de 2012 (UTC)

Breogán[editar a fonte]

Hola, he visto que tienes un montón de jugadores del Breogán, he hecho algunos que no están en la wiki gallega como Sergi López, Antonio Medianero, Arturo Llopis, Jordi Puig Fabregat, Román Carbajo, Óscar Rodríguez Bonache, Alex Escudero, y David Gil, tal vez haya algunos más. Un saludo y buen trabajo. Toni-fotsis 27-10-12. De nada, yo he hecho a la vicerversa, muchos de los jugadores del Breo que estaban en la gallega, los he pasado a la española. Otro más es Xavi Ruiz.--Toni-fotsis (conversa) 16:58, 27 de outubro de 2012 (UTC) Otros dos más: Miguel Ángel Cabral y Ángel Serrano, este último internacional Jugadores breo Un saludo--Toni-fotsis (conversa) 09:57, 2 de novembro de 2012 (UTC)

Artigo de Lenin[editar a fonte]

Bos dias, vexo que estas editando o devandito artigo. Que te parece cambiar o nome polo de vladimir lenin en lugar de só lenin? --AMPERIO (conversa) 13:04, 10 de novembro de 2012 (UTC)

É que non lle vexo o sentido a que este se chame só Lenin e o de Stalin se chame Iosif Stalin. Un saúdo --AMPERIO (conversa) 13:08, 10 de novembro de 2012 (UTC)

Votación das propostas para o décimo aniversario[editar a fonte]

Como xa hai 9 propostas para facer e o tempo non para propuxen na taberna que se faga unha votación para escoller o que facer. Se tes un momento podes dar alí o teu voto, a favor ou en contra, para pasar á seguinte fase. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:29, 12 de novembro de 2012 (UTC)

Xa estamos votando as propostas para celebrar o décimo aniversario, que remata mañá a última hora, pasa pola páxina e vota as que máis che interesen! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2012 ás 13:58 (UTC)[responder]

Boas, xa rematou a votación e as propostas con máis aceptación foron Wikipedia:Difusión nos medios e Wikipedia:Participación activa, fixen unhas páxinas separadas para ir organizando mellor eses eventos. Nos próximos días haberá que traballar nesas páxinas para darlles máis forma a esas propostas. :) Ó mesmo tempo na taberna fixen un comentario para tentar levar adiante a proposta das conferencias, podes comentar alí o que che parece. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de decembro de 2012 ás 02:41 (UTC)[responder]

Ola, Adorian!

Estes días, con todo o asunto de Orozco, mirei que o artigo Lugo, a pesar de ser de calidade, ten unha gran carencia en canto a contidos de política local; anímaste a completalo? Sería interesante incluír información dos últimos gobernos locais, como por exemplo nos artigos de Pontevedra e Vigo; anímaste, por favor?

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:58, 21 de novembro de 2012 (UTC)

Bos días Adorian, no artigo Lenin tés posta a etiqueta enuso, e fai un mes que non editas o artigo. Pódese quitar esa etiqueta? JaviP96 (fálame) 11 de decembro de 2012 ás 19:06 (UTC)[responder]

Non pasa nada, se tés pensado seguir editandoo non quito a etiqueta, quítalla xa ti cando remates. Saudos JaviP96 (fálame) 11 de decembro de 2012 ás 21:19 (UTC)[responder]

Mensaxe na wikipedia alemá[editar a fonte]

Boas, Adorian! Deixeiche unha mensaxe na túa páxina de conversa da wikipedia alemá, bótalle un ollo cando poidas. Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 16 de decembro de 2012 ás 13:44 (UTC)[responder]

formato artigos[editar a fonte]

Ola, Adorian! Acabo de mirar que modificaches o artigo Kosovo - Kosovë‎ para pór o apartado de xeografía despois do de historia, pero o certo é que a orde é a inversa, como podes ver por exemplo en dous artigos de calidade, como Lugo e Praga - Praha. Se coñeces máis artigos con esa disposición, sería interesante corrixilo. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de febreiro de 2013 ás 11:01 (UTC)[responder]

Ola, Adorian coñeces o Detector de homónimos? Dígoo porque no artigo Praza Vermella deixaches ligado a AFI, que é unha páxina de homónimos, esta é a miña corrección. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 4 de marzo de 2013 ás 13:01 (UTC)[responder]

Tamén existe o Wikipedia:Revisor ortográfico, e outros trebellos de utilidade, como amosar os historiais nunha lista numerada. Saúdos! --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 4 de marzo de 2013 ás 15:20 (UTC)[responder]

Proposta[editar a fonte]

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:21 (UTC)[responder]

Como estiveches a traballar nese artigo, a ver se podes axudar co que puxen na páxina de conversa. Saúdos! --JaviP96 21 de maio de 2013 ás 21:18 (UTC)[responder]

Athletic Club[editar a fonte]

Boas Adorian!! Fixen un pequeno troco nas equipacións do Athletic Club, cambiando o que había pola imaxe da evolución da equipación que hai na wiki vasca. Se non che gusta cámbiao sen problema. Apertas!! Piquito (conversa) 7 de xuño de 2013 ás 14:22 (UTC)[responder]

Boas outra vez!! Que che parece esta imaxe para poñer na caixa de información do club? Piquito (conversa) 7 de xuño de 2013 ás 21:17 (UTC)[responder]
Feito! Feito!. Piquito (conversa) 7 de xuño de 2013 ás 21:33 (UTC)[responder]

Ola Adorian, bótalle un ollo a isto, a ver que che parece crear unha páxina para corrixir as ligazóns. Saúdos! --JaviP96 11 de xuño de 2013 ás 14:36 (UTC)[responder]

Ola Adorian, no modelo {{Partido Político}} engadiches un parámetros chamado "posición política", creo que non é necesario, porque xa existe ideoloxía. Que idea tiñas para utilizalo? Por certo cando crees un artigo doutra wiki non te esquezas de indicalo no resumo, isto tamén o debes facer se amplías o artigo, alternativamente, podes indicar na conversa que vas a ampliar o artigo de x wiki. Saúdos! --JaviP96 20 de xuño de 2013 ás 18:58 (UTC)[responder]

Entendo que te refires á ideoloxía xeral, por exemplo dereita ou esquerda, pero non creo sexa necesario isto, por poñerche un exemplo, o BNG, indica en ideoloxía "Socialismo, Comunismo, Nacionalismo galego, Independentismo galego, Democracia, Federalismo e Pacifismo", creo que con isto xa non fai falla poñer esquerda. Ademais, noutros artigos, como no do PSOE xa indica na ideoloxía "Esquerda". Porén, se crees que ese parámetro debería quedar, non o elimines. --JaviP96 20 de xuño de 2013 ás 21:39 (UTC)[responder]
Como xa che dixen creo que ao poñer "comunismo" xa se deduce "esquerda", pero decide ti. Un saúdo! --JaviP96 20 de xuño de 2013 ás 21:59 (UTC)[responder]
Está ben, pois así queda. Un saúdo! --JaviP96 21 de xuño de 2013 ás 16:48 (UTC)[responder]

Pedindo fotos[editar a fonte]

Ola Adorian.

Poderías achegar, sen présas, unhas fotiños da rúa e das placas da rúa Poeta Díaz Castro de Lugo? (43°1′7.7″N 7°34′19.9″O / 43.018806, -7.572194).

Graciñas, un abrazo. --. HombreDHojalata.conversa 2 de xullo de 2013 ás 07:47 (UTC)[responder]

Traslado manual[editar a fonte]

Se non podes trasladar Florencia, Italia a Florencia, non podes facelo manualmente. Tes que pedilo en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios, ou a un administrador. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 6 de xullo de 2013 ás 23:26 (UTC)[responder]