Tempada 1946-47 da BAA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BAA 1946-47
Liga Basketball Association of America
Deporte Baloncesto
Tempada regular
Anotador Flag of the United States.svg Joe Fulks (PHIL) 1.389 pts
Finais
Campión Philadelphia Warriors
  Subcampión Chicago Stags
National Basketball Association
← -

1947-48 →

A tempada 1946-47 da BAA foi a edición inaugural da Basketball Association of America, a liga profesional de baloncesto de Norteamérica que uns anos despois sería rebautizada como National Basketball Association. A liga naceu con 11 franquías, e cun formato de tempada regular seguida duns playoffs polo título. A tempada rematou cos Philadelphia Warriors como primeiros campións da historia da liga.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Antes da creación da BAA xa houbo en Norteamérica outras ligas profesionais de baloncesto, como a American Basketball League (ABL) ou a National Basketball League (NBL), pero a BAA foi a primeira liga que se xogou en grandes pavillóns de grandes cidades.

A orixe do torneo foi a inquietude dalgúns dos propietarios de pavillóns de hockey sobre xeo , que non estaban satisfeitos co feito de que os seus pavillóns quedasen tantos días sen uso cando non había encontros da NHL. Foi así como se chegou a un acordo para crear varias franquías de baloncesto e promocionar este deporte nos seus pavillóns con esta nova liga.

Equipos[editar | editar a fonte]

O Maple Leaf Gardens de Toronto acolleu o primeiro encontro da historia da BAA: Huskies vs Knicks.

Os 11 equipos inaugurais pertencían ás zonas do noroeste e medio-oeste de Estados Unidos e á cidade de Toronto, en Canadá.

Equipo Cidade Pavillón Capacidade
Toronto Huskies Toronto Maple Leaf Gardens 13.500
New York Knicks Nova York Madison Square Garden 18.500
Boston Celtics Boston Boston Garden 14.900
Washington Capitols Washington Uline Arena 7.500
Philadelphia Warriors Philadelphia Philadelphia Arena 5.500
Providence Steamrollers Providence Rhode Island Auditorium 5.300
Chicago Stags Chicago Chicago Stadium 18.600
Saint Louis Bombers Saint Louis Saint Louis Arena 14.200
Cleveland Rebels Cleveland Cleveland Arena 9.900
Detroit Falcons Detroit Detroit Olympia 15.000
Pittsburgh Ironmen Pittsburgh Duquesne Gardens 5.500

Tempada regular[editar | editar a fonte]

A tempada regular comezou o 1 de novembro de 1946 e rematou o 31 de marzo de 1947, dando como resultado un aparente dominio dos Washington Capitols, que acadaron unha porcentaxe de vitorias moi superior á do resto dos equipos. Cada equipo da División Leste disputou 60 encontros, mentres que os equipos da División Oeste tamén disputaron 60, menos os dous líderes que xogaron un encontro mais para desempatar no liderato da táboa. Os tres primeiros equipos de cada División clasificáronse para a loita final polo título nos playoffs.

División Leste
Equipo Vitorias Derrotas %
L1 - Washington Capitols 49 11 0'817
L2 - Philadelphia Warriors 35 25 0'583
L3 - New York Knicks 33 27 0'550
L4 - Providence Steamrollers 28 32 0'467
L5 - Boston Celtics 22 38 0'367
L6 - Toronto Huskies 22 38 0'367
División Oeste
Equipo Vitorias Derrotas %
O1 - Chicago Stags 39 22 0'639
O2 - Saint Louis Bombers 38 23 0'623
O3 - Cleveland Rebels 30 30 0'500
O4 - Detroit Falcons 20 40 0'333
O5 - Pittsburgh Ironmen 15 45 0'250

Playoffs[editar | editar a fonte]

  Cuartos de final Semifinais Finais
                           
  L3  New York Knicks 2  
O3  Cleveland Rebels 1  
  L3  New York Knicks 0  
    L2  Philad. Warriors 2  
O2  St Louis Bombers 1
  L2  Philad. Warriors 2  
    L2  Philad. Warriors 4
  O1  Chicago Stags 1
          
        
O1  Chicago Stags 4
    L1  Washington Capitols 2  
      
FINAIS

Disputadas ó mellor de 7 encontros, nelas enfrontáronse os Philadelphia Warriors e os Chicago Stags. Os vencedores foron os Philadelphia Warriors que gañaron as finais por 4 vitorias a 1, proclamándose dese xeito campións da BAA na súa primeira edición.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Joe Fulks foi o xogador mais salientable da liga levando ó seu equipo ó título con 1.389 puntos anotados (23'1 por encontro), sendo Bob Feerick o segundo máximo anotador da liga con 926 puntos (16'8 por encontro), e Stan Miasek o terceiro con 895 puntos (14'9 por encontro).

Líderes[editar | editar a fonte]

As estatísticas de anotación, asistencias e porcentaxe de acertos, foron lideradas polos seguintes xogadores:

Categoría Xogador Equipo Valor
Líder de anotación Joe Fulks Philadelphia Warriors 1.389
Líder de asistencias Ernie Calverley Providence Steamrollers 202
Líder no porcentaxe de acerto en tiros de campo Bob Feerick Washington Capitols 40'1%
Líder no porcentaxe de acerto en tiros libres Fred Scolari Washington Capitols 81'1%

Equipos ideais[editar | editar a fonte]

Primeiro quinteto ideal.
Posición Xogador Equipo
Base Max Zaslofsky Chicago Stags
Aleiro Bones McKinney Washington Capitols
Aleiro Joe Fulks Philadelphia Warriors
Aleiro Bob Feerick Washington Capitols
Pivote Stan Miasek Detroit Falcons
Segundo quinteto ideal.
Posición Xogador Equipo
Base John Logan Saint Louis Bombers
Base Ernie Calverley Providence Steamrollers
Pivote Chick Halbert Chicago Stags
Base Frankie Baumholtz Cleveland Rebels
Base Fred Scolari Washington Capitols

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]