Conversa usuario:JonnyJonny
|
Benvido(a) á Galipedia, JonnyJonny!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. |
||
|
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 18:53, 14 de novembro de 2010 (UTC)
[editar] Re:Heineken Cup
Ola Rugbya15, encantados de ter como colaborador unha persoa que controle de Rugby, e así poder ampliar e actualizar os artigos sobre ese deporte. Respecto do que me preguntas, supoño que é convención da Galipedia poñer a bandeira vasca en todos os equipos vascos, xa sexan do territorio baixo xurisdición do estado español como do do Iparralde francés. Ademais, esa foi a opción da persoa que o editou, e polo tanto hai que respectala. Así que eu creo que é correcto. Ánimo logo e a editar os artigos sobre ese torneo. E non te preocupes polos erros que podas cometer, todas empezamos así. E aquí estamos para botar unha man. Saúdos e benvido de novo! --Xas (conversa) 20:14, 14 de novembro de 2010 (UTC)
- Ola, JonnyJonny. Fíxenche uns primeiros arranxos de formato. Bótalles un ollo e así xa podes ter unha idea de como debe ir o resto[1]. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 01:15, 17 de novembro de 2010 (UTC)
- E as fichas de xogadores así:[2] Bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 01:29, 19 de novembro de 2010 (UTC)
- Negriña no título do artigo sempre, e tamén lingua das lig. externas cando non son en galego.[3] Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 01:26, 22 de novembro de 2010 (UTC)
- E as fichas de xogadores así:[2] Bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 01:29, 19 de novembro de 2010 (UTC)
[editar] Parabéns
JonnyJonny, estás a facer un choio do máis interesante. Parabéns. Se cadra, un detalliño que no futuro lle poderías engadir aos artigos que estás creando son modelos. Eu non son ningún experto, pero algún xa teño feito, e a verdade é que axudan a que o lector navegue entre páxina relacionadas. [4]. Máis nada. A seguir na mesma liña. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:17, 26 de novembro de 2010 (UTC)
- Non son de editar en Deportes. Quen si o é, e ademais xa ten feito modelos é o usuario:Adorian. Seguro que che sabe indiciar por onde tirar ao primeiro. En todo caso, bótalle un ollo aos modelos deportivos que xa temos e que che poden dar ideas. Ex.: Modelo:NFL, Modelo:Liga de Campións, Modelo:FIBA, Modelo:Equipos da Liga Galega de Wáter-polo etc. --Atobar (conversa comigo) 12:43, 26 de novembro de 2010 (UTC)
[editar] Deporte galego / Deporte de Galicia
Boas, JonnyJonny. Se fas ese artigo, eu entendo que deberías facer algo similar ao que se fixo con Cinema galego ou Gastronomía galega, pero non un simple índice, porque para iso efectivamente xa temos as categorías. De feito, e a diferenza dalgunhas wikis, aquí non se permiten as listaxes a non ser que acheguen datas adicionais e dispoñen unha orde concreta que aconselle mantelas. En fin, que se te pos co choio, hache ser ben interesante pero tes que ter en conta de que non é meter modelos senón elaborar contidos (e referencialos). Un saúdo e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 22:33, 10 de febreiro de 2011 (UTC)
[editar] Traíñas
Ola, Jonny. O dicionario Xerais define traíña como "aparello para a pesca da sardiña". A continuación traiñeira é "1, barco de pesca con traíñas. 2, lancha longa a estreita". Fágoche esta aclaración porque supoño que queres iniciar o Modelo:Traíñas en Galicia, cando en termos deportivos se debería falar de traiñeiras. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:44, 17 de febreiro de 2011 (UTC)
Varias cousas. Primeiro, se o nome oficial é Liga Noroeste de Traíñas hai que conservarlle o nome, pero no corpo do artigo hai que revisar que se empreguen ben os termos. Así, a frase coa que comeza debería ser "A Liga Noroeste de Traíñas ou Liga Galega de Traíñas é unha competición de traiñeiras que se disputa dende 2006 nas provincias de Pontevedra e A Coruña, na Galiza", e non "A Liga Noroeste de Traíñas ou Liga Galega de Traíñas é unha competición de traíñas que se desputa dende 2006 nas provincias de Pontevedra e A Coruña, na Galiza". Segundo, se hai que cambiarlle o nome a un artigo, iso faise premendo no botón "Mover", arriba de todo. O que fas é trasladar o artigo a outro título, e no título actual queda feita automaticamente unha redirección. Ás veces esa redirección é bo que quede (por exemplo, se moves Manuel Fraga Iribarne a Manuel Fraga) para que o lector que busque un título sexa redirixido automaticamente ó outro. Pero ás veces hai que marcar o título antigo como lixo, porque é erróneo e non se pode conservar (por exemplo, se por erro escribes Alfonso Daniel Rodriguez Castelao, sen acento, e o moves a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, marcas o erróneo para borrar). Espero terche resolto as dúbidas. E se non, pregunta. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:33, 17 de febreiro de 2011 (UTC)
[editar] carga de imaxes
Ola, JonnyJonny! Alégrame un montón ver que comezas a cargar imaxes, que sempre é unha achega importante. Engadín uns datos nas dúas que fixeches da Malata, e vouchos explicar (podes miralos aquí):
-Engadín o cadro de información da imaxe; inclúe a descrición do que aparece, a data en que foi feita, e a persoa que tirou a foto;
-Categoricei a imaxe; neste caso estas categorías xa existían; se non atopas ningunha axeitada, podes crear unha nova;
-Puxen as coordenadas do lugar desde onde tiraches a foto; Para estas cousas axúdome do Google Earth.
Pareceume moi curioso que subises estas imaxes; precisamente o domingo fun até o campo da Xunqueira a tirar fotos dun partido de 3ª División (pero eran 10 € e boteime atrás) :(. Se tes calquera dúbida non teñas medo a preguntar a calquera usuario, que estaremos encantados de axudarche. Ánimo, que estás a facer un traballo caralludo na galipedia sobre o deporte galego.
Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 07:41, 3 de marzo de 2011 (UTC)
- Ola, Jonny! Non te preocupes pola correción dos artigos; Sempre está ben ir construíndo con achegas de diferentes persoas, e así aprendo moitas cousas novas. Son de Pontevedra, e escoitara falar do hipódromo de Campañó, pero nunca mirar unha foto, mira ti.
Sobre os dereitos de imaxes de plataformas como Panoramio ou Flickr: ao igual que na Galipedia, cada persoa decide con que dereitos sube as imaxes; De Panoramio non controlo demasiado, pero sei que algunhas fotos de Flickr se poden subir á Galipedia; diso controlan máis os usuarios Xoacas e Xas.
Outra cousa: seica en Pontevedra reformaron o antigo campo de fútbol de Monte Porreiro e agora é ambivalente para fútbol e rugby; a ver se lle podemos facer o artiguiño. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15:15, 4 de marzo de 2011 (UTC)
[editar] Rapas das bestas
Ola, Jonny; Unha pregunta: a rapa do monte Castelo é a do monte Castelo de Cotobade, ou é outro? Porque en Cuspedriños hai un curro e faise a rapa, e os cabalos creo que andan por esa zona, pero non sei se é o mesmo evento ou son dous diferentes. De seren distintos, habería que sumar a rapa de Cuspedriños ao modelo da hípica. Por certo; poderías engadir tamén no modelo o artigo sobre o cabalo na cultura popular galega. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:17, 4 de marzo de 2011 (UTC)
[editar] Formato
JonnyJonny, bótalle unha ollada a estes mínimos cambios de formato[5]. Ten en conta que en galego o etc. non vai precedido de coma e que as negriñas do título soamente se empregan unha vez. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:57, 16 de marzo de 2011 (UTC)
[editar] Saudos
Buenas, me dejaste un mensaje aqui, y por supuesto puedes traducir los artículos que hice, recuerda que no son de nadie, pertenecen a todo el mundo. Puedes consultarme lo que necesites, tanto aqui como en mi perfil de la wiki española, por aqui vengo poco. Por cierto, siento corregirte, pero en galego, rally y rallyes se escriben: rali y ralis, tan cual suena, puede parecer raro pero es así. Por certo, ten moi boa pinta o artigo que estás facendo: Campionato de Galicia de Rallyes. Segue así!! Saludos. --Jorjum 10:58, 30 de marzo de 2011 (UTC)
Meténdome onde ninguén me chama; o VOLG recolle rally, en forma inglesa, e por tanto o seu plural deberá conservar a forma inglesa tamén. Sobre rali/ralis en galego non teño referencias. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:09, 30 de marzo de 2011 (UTC)
- Rally e rallys. Esas son as formas. E agora ao que vou: para a toponimia seguimos o que di o nomenclator da Xunta, pero para os ríos confeso que non o sei. Quen sei che poden botar unha mans son os usuarios HombreDHojalata ou Xoacas. Pégalles un toque nas súas páxinas de conversas. Lmbuga pasa pouco por aquí. Sinto non ser de máis axuda, JonnyJonny. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:01, 3 de abril de 2011 (UTC)
[editar] Pedir axuda na taberna
Pois non teño nin idea dese tema, síntocho.
Proba a expoñelo na Taberna, para que outros o vexan. A ver se alguén pode botar unha man--. HombreDHojalata.conversa 11:31, 3 de abril de 2011 (UTC)
[editar] Re:Río Corgo ou Río do Corvo
Lembro perfectamente cando fixen esas fotos, inda que foi fai anos. Era cedo, pola mañá, para ser un sábado. Pregunteille a un señor (bastante maior) o nome do río. Entendín "río do corvo", pero é moi probable que entendese mal xa que, ademais de ter eu un oído deficiente, pode acontecer que a persoa á cal me dirixín tivese algún problema pequeno de dicción como a ausencia de dentes ou moas.
Ti argumentas moi ben. A miña opinión é que debes cambiar "do corvo" por "corgo" en todos os sitios que poidas. Por se acaso, dicirche que o río queda no parque ou xardín que hai enfronte do antigo hospital de Santiago de Compostela, por tras das casas do outro lado da rúa. Queda xusto antes do campo de fútbol de Santa Isabel (saíndo de Santiago cara Santa Comba).
Creo que tes máis criterio ca min. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo 15:28, 3 de abril de 2011 (UTC)
- Boas, deixeiche unha mensaxe na taberna, non é concluinte, seguirei coas pesquisas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:04, 4 de abril de 2011 (UTC)
-
- Fíxenlle uns cambios ó artigo e copiei as túas fotos en Commons. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:38, 4 de abril de 2011 (UTC)
[editar] Formato
ola, JonnyJonny. Deille unha volta ao formato e retirei algunhas frases non enciclopédicas.[6] Se tes calquera dúbida, pregunta canto queiras. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 21:47, 4 de abril de 2011 (UTC)
[editar] Imaxe Imaxe:1.jpg
Ola JonnyJonny. Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. O nome desta imaxe está mal escrito ou é incompleto, erróneo, críptico, ou non conforme ás convencións de nomeamento. Antes de ser borrada, agradeceríamosche que renomees esta imaxe
Para renomeala:
- carga a imaxe co nome novo,
- fíxate se a imaxe que ten o nome incorrecto está sendo usada noutros arquivos e substitúe en ditos arquivos o nome da imaxe vella polo da imaxe nova. Para isto, localiza a imaxe e, visualizando a imaxe, fai clic na ligazón "Páxinas que ligan con esta" no lateral esquerdo da pantalla.
- edita a imaxe e substitúe o marcador {{NomeIncorrecto|...}} por {{BorrarImaxeDuplicada|Imaxe:Nome da imaxe nova que se vai manter}}.
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 18:53, 16 de abril de 2011 (UTC)
[editar] Varias contas de usuario
JonnyJonny, non se poden ter varias contas de usuarios e, polo que parece, ti poderías estar neste caso, no que respecta a esta e mais a conta do usuario Rugbya. Pódesme dicir se hai algún motivo que suxira o teres dúas? Penso que hai que borrar unha delas. Ti me dirás. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:27, 4 de maio de 2011 (UTC)
- Ok. Voulle dar un toque a Albert galiza, que domina o das contas máis ca min e xa che indica el e borra o que cumpra. Falamos. --Atobar (conversa comigo) 11:05, 4 de maio de 2011 (UTC)
[editar] Campionato de Galicia de rally
Hola, estas a facer o articulo, Campionato de Galicia de Rallys, se necesitas axuda para calquera cousa conta conmigo. Especialmente podoche axudar co artigo Rally Botafumeiro. Por certo, o artigo de Manuel Senra, creeino na wiki en castelán. aqui. Saudos, --Jorjum 12:09, 16 de maio de 2011 (UTC)
[editar] Irlanda no rugby
Boas JonnyJonny, lendo o artigo que editaches sobre a tempada 2010-11 da Challenge Cup de rugby vin que ao Connacht Rugby lle puxeches a bandeira da República de Irlanda, pero como saberás en rugby non compite a República senón a Illa enteira, polo que o uso da bandeira da república non creo que sexa axeitado precisamente porque a IRFU representa a toda a Illa. Recoméndoche empregar a bandeira do trevo que aparece no artigo da selección irlandesa como aparece en tódolos artigos de rugby, así ademáis queda estandarizado. Un saúdo PiquitoConversa usuario:Piquito
[editar] Cores
Ola, JonnyJonny. Pois non cho está. Vexo que xa HombreDHojalata con bo criterio desfixo a edición [7]. As cores empréganse para epígrafes concretos dos modelos, para resaltar ou axudar a diferenciar datos nas táboas e cousas así, pero non para poñerlle un fondo global a un artigo. Un saúdo e en todo caso parabéns polo traballo que fas. --Atobar (conversa comigo) 22:35, 19 de xuño de 2011 (UTC)
[editar] Formato
Ola, JonnyJonny. Bótalle un ollo a estas mínimas modificacións para aquelar o formato e así colles o truco para os vindeiros artigos. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 13:59, 22 de xullo de 2011 (UTC)
[editar] Toponimia no estranxeiro
Ola, JonnyJonny. Ao primeiro resaltar que o 90 e moito por cento dos topónimos do mundo non teñen correspondencia en linguas estranxeiras máis ca a forma orixinal na lingua de orixe. Dito isto, a norma de toponimia pola que nos guiamos é moi simple: sempre que haxa unha referencia válida e académica en galego para un topónimo, usamos a dobre denominación Copenhaguen - København, por exemplo -primeiro a forma galega e despois na lingua (ou linguas; pode ser forma tripla, ou máis) oficial daquel lugar-. Por outra banda, ao non ser a Galipedia unha fonte primaria, non podemos entrar no xogo de crear lugares a golpe de neoloxismo, é dicir, que só se algún estudo, gramática, manual etc. achega referencias válidas, é daquela cando a tomamos por boa. Indo ao gran: as máis das veces, o documento guieiro para a toponimia do estranxeiro en galego é este PDF que nos vén da UVigo, mais hai outros documentos por aí rulando, claro. Un saúdo e a seguir traballando. --Atobar (conversa comigo) 22:06, 30 de xullo de 2011 (UTC)
[editar] Re: Palmarés do AC Milan
Fíxate, eu ultimamente prefiro poñer en negro e ligar os creados, por exemplo, e como dícías, artigos da Liga de Campións ou tempadas da Liga italiana. Paréceme o mellor, visualmente e máis facilmente localizable. --Krisko 21:40, 30 de agosto de 2011 (UTC)
[editar] Engado
Como non sei se me expliquei ben (que o dubido, hehe) bota unha ollada no palmarés do AC Milan, así é como digo eu de deixalo. O problema que ten é que hai que ir editando cada vez que se engaden novas tempadas de Champions (por exemplo), pero coido queda moito mellor que cos números en vermello. A maiores, uso o guión longo (que é un recurso moi usado na wiki inglesa) para separar os anos das tempadas simplemente porque coido que se le moito mellor así. Unha aperta Jonny, e moi bo traballo coas traíñas. --Krisko 21:56, 30 de agosto de 2011 (UTC)
[editar] RWC 2011
Boas JonnyJonny, estou a traballar na ampliación e mellora do artigo da Copa do Mundo de Rugby 2011, que como sabes comeza o vindeiro día 9 de setembro, se me podes botar unha man para telo bastante completo para o comezo da competición agradézocho, faltan unha chea de estadios e cidades, eu estou estou a crear Eden Park e Waikato Stadium, irei incluíndo cousiñas que traduza doutras wikis ou lea por ahí. Un saúdo, Piquitoconversa
[editar] Nova Zelandia
É Nova Zelandia Jonny. Tes a discusión que houbo aquí. Un saúdo--. HombreDHojalata.conversa 22:22, 1 de setembro de 2011 (UTC)
[editar] Bandeira rugby Irlanda
Boas outra vez JonnyJonny, que pensas de cambiar a bandeira do trevo que estabamos a empregar pola que puxen no artigo da Copa do Mundo de Rugby 2011? Un saúdo Piquitoconversa
[editar] Nova Zelanda
Con este país e o seu xentilicio a learada é de consideración. En función de onde o busques marcanche C ou Z. Pero como o que prima é sempre criterio da RAG, e este hoxe ten o seu principal portal de busca no VOLGa, daquela a boa é Nova Zelandia, cun Z. Polo tanto, non hai que cambiar nada. Canto ao cambio de nome de categorías, non hai tal. O que se debe facer é crear unha nova categoría co nome correcto e pasar todo o que haxa na vella e errónea a esta nova e correcto. É traballiño, pero non queda outra (que eu saiba). Un saúdo, bo traballo, grazas pola benvida e espero que nos veamos na xuntanza do 17 de setembro. --Atobar (conversa comigo) 14:52, 2 de setembro de 2011 (UTC)
[editar] Pro12
Boas JonnyJonny. Concordo co que me dixeches da Liga Celta de rugby, vou mover o artigo co nome do anterior patrocinador para a nova que me dixeches Pro12. No que respecta ás denominacións, a solución que pensei foi o de engadir un apartado chamado denominacións ou patrocinadores (como no caso da Aviva Premiership) tal que así:
non sei cómo o ves, especialmente o da denominación da sección (eu opto pola de denominacións, xa que Celtic League non era nungún patrocinador, tampouco creo que o nome do artigo deba ser xa Liga Celta de rugby, xa que coa chegada de equipos italianos, a liga perdeu moito de celtic), penso que pode ser unha boa saída. Eu polo momento vou mover a páxina. Por certo, cres que lle podes engadir algo a Connacht Rugby? Un saúdo, Piquitoconversa
[editar] Feito
A Pro12 xa ten o apartado de denominacións. Non te preocupes polo do Connacht, non hai presa, creei moitos artigos de rugby antes de me rexistrar (entre eles os do actual Pro12, menos os novos italianos), a verdade é que daquela tiña máis ansia polo número que pola calidade, cando teña un pouco de tempo tentarei traballar no Munster Rugby e Ospreys, mais vai ter que esperar un pouco, estou a voltas coas seleccións de hóckey a patíns e rugby, o artigo do Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns masculino 2011 e co wikiproxecto música... vamos, moito choio. Por certo, propuxen unha foto para a portada, non sei se podes votar, pero mira que che parece, se cadra eso lle da un pouco de pulo ao rugby en Galiza. Saúdos, Piquitoconversa
[editar] Galencontro
Boas, non sei si che decataches de que na taberna estamos a organizar un galencontro este sábado na Cidade da Cultura. Hoxe lembreime de que ti eres da cidade e ó mellor interesábache ir por alí. Nada máis, si queres estar de palique un rato xa sabes ónde andaremos. Un saúdo, --Elisardojm (conversa) 22:30, 13 de setembro de 2011 (UTC)
[editar] Licenza por defecto: Tódolos dereitos reservados
Segundo a lei, por defecto, o autor é o titular dos dereitos. É dicir, se non se expresa explicitamente o contrario, a obra ten sempre copyright--. HombreDHojalata.conversa 18:41, 24 de setembro de 2011 (UTC)
- Perdoa que tardase en responder. Non estiven na casa durante a fin de semana. En todo caso, a resposta é a mesma que xa che deu HombreDHojalata. Se tiras fotos ti mesmo e as liberas no dominio público, ningún problema. Pero todo o que sexa quitar fotos do facebook ou de páxinas que non sinales explicitamente que teñen unha licenza válida para a Galipedia é perder o tempo, porque non as imos poder manter. Un saúdo (e calquera cousa de licenzas mellor coméntalla a HombreDHojalata, que eu diso controlo pouco) --Atobar (conversa comigo) 17:38, 25 de setembro de 2011 (UTC)
[editar] IRFU
Boas Jonny, lémbroche que para equipos, selección, xogadores e mesmo árbitros de rugby de Irlanda temos a bandeira
. Lémbrocho porque vin na táboa de anotadores da RWC 2011 a Ronan O'Gara coa bandeira da República de Irlanda (non sei se o fixeches ti, mais pola túa aportación constante supoño que si), cando como ben sabes a illa compite unida en rugby, máis que nada por tentar estandarizar un pouco o tema do rugby en Irlanda, xa que no momento en que o número de artigos relacionados vaia medrando vai ser moi complicado e vai levar moito tempo de arranxar. Se prefires poñer a bandeira do trevo a poñemos, pero poñer sempre a mesma. Que vaia ben, bo traballo, un saúdo, Piquitoconversa
[editar] Cambios de imaxe en rugby
Boas, si que creei os artigos antes de rexistrarme, se é para mellorar a imaxe como fixeches cos que me dis concordo totalmente coa túa idea, os fixen pensando na cantidade e sen controlar moito o sistema, de feito deixei moitos a medias como os de Munster, Leinster, Ulster, e un longo etcétera. Un saúdo e dalle duro con eses cambios de imaxe Piquitoconversa
[editar] Tri Nations
Foi puro accidente, andaba completamente despistado e confundinme de artigo. Desculpas, e por certo grandísimo traballo o que estás a realizar. Un saúdo.--Adorian (fálame) 11:11, 1 de outubro de 2011 (UTC)
[editar] Ficheiro:Campo As Cancelas.jpg
Ola Jonny.
No cadro de datos da imaxe que subiches cómpre que indiques a orixe (no apartado source). Por exemplo, se es ti o autor da foto podes poñer "obra propia". Se fora escaneada dun libro o nome do libro. Se fora copiada de internet a dirección da páxina de internet, etc, etc ...
Un saúdo e a seguir--. HombreDHojalata.conversa 21:01, 5 de outubro de 2011 (UTC)
[editar] Lixo
Jonny, antes de marcar unha páxina con {lixo} hai que comprobar que non queda ningunha outra apuntando cara a ela. Podes revisalas premendo na "Caixa de ferramentas" da esquerda: "Páxinas que ligan con esta". --. HombreDHojalata.conversa 18:36, 22 de outubro de 2011 (UTC)
[editar] Eurocopa e outros
Boas! Moitas grazas! :) Se ves que cometo calquer errata, cousa moi probable, non dubides en correxilo sen ningún tipo de problema, e grazas polo aviso. Moi bo traballo.--Adorian (fálame) 21:19, 6 de decembro de 2011 (UTC)
[editar] Hola
Pois teño pensado crear un monton de articulos de pilotos galegos, asi que por aqui estarei unha boa temporada, saudos. --Jorjum 08:20, 14 de decembro de 2011 (UTC)
[editar] Sibir
Boas JonnyJonny. Pois a verdade é que tes razón, non caera na conta, o certo é que non sei como transormar a redirección nunha páxina de homónimos, se o sabes facer ti faino se podes e se tal xa lle pregunto a algún administrador cómo se fai. Grazas por avisarme do erro, unha aperta, Piquitoconversa13:35, 16 de decembro do 2011
[editar] linguaxe sexista
Ola, JonnyJonny! Graciñas polo comentario.
Movín 'presidente de Ecuador' a 'presidencia de Ecuador' precisamente porque, revisando os cambios recentes, mirei que o crearas un pouco antes. Despois, fixen algúns cambios en política de Ecuador, e historia de Ecuador.
Por suposto, non é unha acusación persoal, simplemente coincidiu que mirei ese artigo e o modifiquei. Quizais che debín mandar unha mensaxe para dar explicacións, iso si. Pero efectivamente, quedan moitos artigos con títulos que se deberían modificar. Hai uns meses abriuse unha conversa aquí ao respecto, pero quedou en nada. Sería interesante crear unha política común na galipedia.
Graciñas tamén polo aviso dos tres artigos de primeiros ministros de Francia. Heille botar un ollo, a ver como se arranxa.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:09, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)
[editar] RE:Un modelo dentro dunha categoría
Non lembro que as nosas categorías conteñan ese tipo de cousas, pero tampouco lembro que ningunha norma ou politica o prohiba. Case mellor que fagas a pregunta na taberna ou no taboleiro dos administradores por se alguén, con máis experiencia, sabe qué responder. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:45, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)
[editar] NBA
Boas! Pareceme unha idea excelente, axudarei en todo o que poida, estas a facer un grandísimo traballo ;). Aproveito para falar sobre o artigo da selección de rugby de Galicia vou reverir agora o nome que vexo que ninguén se queixou para que poidas engadir sobre a selección feminina ou melloralo no que queiras. Un saúdo!--Adorian (fálame) 22:30, 15 de xaneiro de 2012 (UTC)
[editar] NBA
Paréceme unha grandísima idea. Por suposto, intentarei axudar en todo o que sexa posible. Ademais, se queres aportar cousas ás tempadas xa creadas ou melloralas, xa sabes que podes facelo ;) Un saúdo!--FleaRHCP 23:39, 15 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Perfecto :) eu comezarei, para non solaparnos, coas tempadas dos anos 60, pero se tes outra idea non me importa empezar co que sexa. Ao mellor non levo un ritmo moi alto de creación, xa que estes últimos días estou cunha serie de artigos sobre as illas Británicas, pero axudarei todo o que poida.--Adorian (fálame) 12:00, 16 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Gústame como quedou :) o formato paréceme perfecto, aínda que supoño que segundo van avanzando ás tempadas, ao haber máis equipos, premios... terá que ir cambiando un pouco, pero vamos é ir incorporando as cousas pouco a pouco. Un saúdo! Se ves algó que non che guste nas tempadas que faga eu, non dubides en cambialo sen problemas ou comentarmo.--Adorian (fálame) 10:30, 17 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Eu rematarei as dos anos 2000, e logo comezarei coas dos anos 90. Xa sabedes, se queredes cambiar ou engadir algo, facédeo sen problemas ;)--FleaRHCP 10:51, 17 de xaneiro de 2012 (UTC) (conversa)
[editar] RE: Ligas de Fútbol de Europa
Moi atractiva a túa invitación, si señor. Asumo o reto! Unha aperta. --Krisko 12:18, 23 de xaneiro de 2012 (UTC)
[editar] Estrela Vermella de Belgrado
Ola! Non hai ningún problema :) Podes cambiar o que creas axeitado. Un saúdo! Hoxe seguirei co tema das tempadas da NBA, estes días estiven máis atarefado e tamén quería acabar un artigo que tiña pensente co marcador "en uso".--Adorian (fálame) 14:00, 25 de xaneiro de 2012 (UTC)
[editar] Request for translation.
Warm greeting from Korean Wikipedia! Could you help us to translate articles simple:Kara, simple:Josh Duhamel, simple:IU (singer), simple:Running Man into your unique and honourable language? Thank you in advance! Tsuchiya Hikaru 14:37, 26 de xaneiro de 2012 (UTC)
[editar] RE: Campionato de Galicia de fútbol
Ola JonnyJonny! Se che digo a verdade supoño que baseei a información do artigo nos datos de RSSSF, aínda que coido que botei tamén unha ollada a un libro chamado "82 años de historia", sobre a historia do Dépor, que trae un chisquiño de datos sobre o campionato galego. Non te podo afondar máis na historia do Vigo Sporting ao non dispoñer de máis información. E estou en clarísimo acordo que eses datos deberían estar mellor referenciados. Quedo coa mesma dúbida ca ti, de feito nin mirara a referencia que me dás na Wikipedia en castelán... --Krisko 12:01, 31 de xaneiro de 2012 (UTC)
[editar] A-League
Grazas polo aviso. Bótalle unha ollada por se detectas algo máis que se poida mellorar ou que haxa que corrixir. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 08:45, 8 de febreiro de 2012 (UTC)
[editar] Serge Ibaka
Ata o momento puxen sempre o país de nacemento. Hai algún caso máis doutros xogadores que naceron nun país e teñen outra nacionalidade ou xogan para a selección doutro país, igual que Ibaka. Eu creo que así está correcto, senón sempre se podía mirar a opción de poñer dúas bandeiras, unha do país de nacemento, e a outra do país que representan. Un saúdo!
[editar] Casas de concellos
Boas!, mira, que temos por aquí unha páxina coas fotos de tódalas casas de concellos e ó mellor podías facer ti algunhas que che queden perto e que faltan (ou non as atopamos) por exemplo Trazo, Vedra e O Pino son limítrofes con Santiago..., aínda que non sei se estarán a man ou non. Boeno, se che cadra de dar unha volta por alí coa cámara, e che apetece, completaríamos un pouco máis esa galería. A lista de tódolos concellos que faltan está na conversa desa páxina. Boeno, parabéns por todo o teu traballo e a ver se nos vemos nunha xuntanza :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:15, 17 de febreiro de 2012 (UTC)
- Pola calidade das fotos non te preocupes moito, cunhas fotos normaliñas chegan abondo, o que importa é ter algo penso eu. Pois a túa posición do mapa, aínda que xa lera que eras de por alí polo do río Corgo xa non me lembraba, foi de chiripa, pero mellor que acertara :). Tamén avisei a Atobar, que está tamén en Santiago, pero aínda non me dixo nada, non sei se poderá ir de paseo por eses lares, se fose así ata podiades repatir o traballo :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:40, 17 de febreiro de 2012 (UTC)
- Parabéns polas fotos!, por certo, a túa cámara é de profesionais ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:05, 18 de febreiro de 2012 (UTC)
[editar] Zalgiris Kaunas
Moitas grazas polo aviso :) corrixeo sen problemas, seguro que me montei un follón eu só ao andar mirando entre tantos pavillóns :) Unha aperta e bo traballo!--Adorian (fálame) 19:09, 2 de marzo de 2012 (UTC)
[editar] Equipos de fútbol
Ola JonnyJonny. Paréceme que no modelo {{Club de fútbol}} no campo tempada poderiase aplicar o que fixo Toliño en {{Lugar}} e {{Parroquia}}. Iso pode ser unha solución simple para identificar que artigos de equipos de fútbol hai que actualizar. O problema será ver como están cubertos eses campos: se hai datos e como están inseridos nos clubs dos diferentes campionatos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:19, 13 de marzo de 2012 (UTC)
[editar] Música por anos
Pois a verdade é que non pensara en crear categorías de música por anos, pero paréceme moi boa idea. O que si tiña en mente era uns artigos como estes, pero nunca se me deu por facelos porque non sei se realmente sería interesante telos ao non ter tantos artigos de música como na wikipedia en inglés. Co tema das categorías podemos poñernos a traballar dende xa. Un saúdo! --Beninho (conversa) 14:24, 16 de marzo de 2012 (UTC)
- De nada, pero o teu traballo cos deportes ou o cine tampouco se quedan atrás jeje. Un saúdo e a seguir traballando! --Beninho (conversa) 18:37, 20 de marzo de 2012 (UTC)
[editar] Deportes por ano
Boas JonnyJonny! Mira unha cousiña... para as categorías de deporte por ano como pensas facer para as ligas? Por exemplo ACB 2009-2010, vai en deporte en 2009, en deporte en 2010 eu nas dúas? Un saúdo, --Piquito (conversa) 17:20, 20 de marzo de 2012 (UTC)
- Grazas Jonny! Xa me fixei indagando por ahí, estou coas de hóckey a patíns, non creo que te poda axudar moito, ando liado categorizando e creando artigos en ópera. --Piquito (conversa) 17:51, 20 de marzo de 2012 (UTC)
Conta comigo, mais non creo que poda comezar un traballo tan custoso antes do 10 de maio, logo desa data podo ir pouco a pouco co choio. De todos xeitos nas entradas de ópera que vaia facendo irei incluíndo a Categoría:Ópera en ... para ir facendo algo. Unha aperta --Piquito (conversa) 18:08, 20 de marzo de 2012 (UTC)
[editar] Máis música por anos
Boas Jonny! Cando podas mira na Categoría:Óperas e Categoría:Óperas de Vicenzo Bellini se che parece ben o xeito de organizar as categorías por anos. Saúdos. --Piquito (conversa) 01:36, 21 de marzo de 2012 (UTC)
- Boas outra vez. Sobre o segundo exemplo a verdade é que tes razón de momento, o certo é que tirei a idea da wiki en castelán, o feito de aparecer a categoría da data e do ano é porque quería agrupalas por séculos, mais o certo é que non quería poñerme a facer tódalas categorías xa, trataba de facer máis ben un exemplo. Sobre o primeiro exemplo creei a categoría Composicións musicais de tal ano para non encher a categoría con óperas, sinfonías, suites, concertos, sonatas, cancións... de feito eu das 5 categorías que hai por exemplo en Categoría:Música en 1989 deixaría 3, porque hai tres delas que están relacionadas con traballos discográficos (EPs, Sinxelos, Álbumes) que eu deixaría nunha categoría que aglutirara as tres. De todos xeitos falarei con Beninho para ver qué quere facer el co tema dos traballos discográficos, el controla moito máis o tema da música moderna, eu traballo máis a clásica. Todo o que podas aportarnos se agradece, así que pásate pola conversa para opinar, a min non me importa (é máis o agradezo) e a Beninho non creo que lle importe, que ao fin e ao cabo quen nos puxo a andar nas categorías por anos foches ti, algo terás que dicir! Unha aperta. --Piquito (conversa) 02:12, 21 de marzo de 2012 (UTC)
[editar] Categorías por anos
Vexo que estás a facer un gran labor metendo categorías por anos nunha manchea de artigos. Parabéns polo labor. Quería comentarche que existe un treballo que fai máis rápida a categorización, por se che interesa. Nas túas preferencias de usuario, na lapela "Trebellos", baixo a sección "Edición". Chámase HotCat e con un par de clics engádense as categorías. Próbaa, a ver como vai; se non che gusta podes seguir como ata o de agora, claro. Grazas polo traballo que estás a realizar. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:37, 25 de marzo de 2012 (UTC)
- Para iso estamos! Se aproveitas máis o tempo co HotCat, mellor para ti e mais para o proxecto. E sobre o nome, a mágoa é que non se che recoñezan (polo menos a simple vista) as edicións co outro nome de usuario. Reitero as grazas polo traballo que estás a facer. E para calquera cousa, xa sabes onde estou. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 20:59, 25 de marzo de 2012 (UTC)
[editar] Ligazóns de rugby
Ola JonnyJonny. Ando mirando co bot as ligazóns rotas e no rugby atopei varios enderezos que deixaron de estar dispoñibles ou cambiaron de sitio. Como ti es especialista nese tema quería saber se hai algo que teña que ter en conta antes de mudar esas ligazóns. Se tes un momento están en Usuario:Prevert/Ligazónsmortas/08 na parte superior da páxina. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:20, 5 de abril de 2012 (UTC)
- Moi ben, moitas grazas. Se che parece ben e tes tempo cando corrixas as ligazóns elimina as entradas da lista de Usuario:Prevert/Ligazónsmortas/08 para levar conta das que están corrixidas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:26, 5 de abril de 2012 (UTC)
[editar] Fusións e historias urbanas de
Ola Jonny.
As fusións de contidos pódelas facer calquera usuario nas mesmas condicións que calquera outra edición (non hai que pedir permiso a ninguén para facelas, porén nos casos que non estean claras ou haxa polémica pódese/débese buscar a axuda/consenso da comunidade etc etc).
Unha vez que remates de pasar tódolos contidos cara ao artigo que vai quedar, avisa no taboleiro dos administradores para que un deles faga a fusión de historiais. Iso unicamente o pode facer un administrador. E máis nada. Aí remataría a fusión.
En canto aos artigos de "historia urbana de...", que son máis de 100. Son todos teima dun usuario anónimo con dirección ip variable que edita sempre de madrugada, pouco dado ó diálogo e a seguir o libro de estilo. Nesas condición faise difícil colaborar con el.
Se me preguntas a miña opinión persoal, penso que, na maioría dos casos, eses contidos irían mellor integrados nos artigos das propias cidades, que, as veces, son moi pequeniños. Algún deles xa os teño fusionado, mais, a capacidade de traballo neste tema do usuario que os crea supera á miña con creces. --. HombreDHojalata.conversa 14:48, 6 de abril de 2012 (UTC)
[editar] Comentario
Ola JonnyJonny. Vin o teu comentario a HombreDHojalata, só quería achegar algo de información. O usuario que mencionas na túa mensaxe e que anda a desprestixiar este proxecto foi bloqueado neste wiki para sempre por feitos moi graves. Desde aquel momento aproveita calquera ocasión para expresar o seu resentimento descualificando o que aquí se fai. Non paga a pena prestarlle atención. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:19, 7 de abril de 2012 (UTC)
[editar] Parabéns e nome de artigo :)
Boas!, primeiro, parabéns polas túas 5.000 edicións, e que veñan outras 5.000 máis :). A outra cousa é sobre o nome do artigo Pavillóns de Galicia por capacidade que fixeches fai pouco, vin o contido e penso que ó mellor había que poñerlle un nome máis axeitado coma Lista de pavillóns de Galicia e metelo na Categoría:Listas. Eu quitaría o de por capacidade porque a lista pode ordenarse por varios campos e non únicamente por capacidade... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:14, 13 de abril de 2012 (UTC)
- Cinco mil edicións son un feixe de edicións!, se houbese algunha xente máis a facer esas tantas outro galo cantaría :). Sobre o artigo coméntoche que o artigo no que te baseas é o que na es-wiki chaman Anexo, por se non o sabes, ese é o nome que eles lle dan ás listas, foi un cambio que fixeron fai uns anos, decidiron poñer as listas nese espazo e quitar do título de todos eses artigos o comezo de Lista de. Pódelo ver claramente nas versións dos outros idiomas coma por exemplo en inglés, List of association football stadiums by capacity, alemán, Liste der größten Fußballstadien der Welt, ou en portugués, Anexo:Lista dos maiores estádios de futebol do mundo, todos comezan o nome por Lista... Se queres restrinxir a lista, porque non vai ser exhaustiva, entón penso que o nome máis axeitado sería Lista dos pavillóns de Galicia de maior capacidade ou Lista dos maiores pavillóns de Galicia. É que é unha lista :). E si que se poden facer os outros artigos que comentas coa relación de tódolos pabillóns por provincia, que tamén serán listas. Por certo, un dato interesante a engadir son as coordenadas xeográficas porque así logo pode engadirse o modelo {{Mapa lista de coordenadas}} coma no artigo Lista de monumentos da provincia de Pontevedra que xenera unha ligazón a un mapa onde sitúa todos os puntos que teñan coordenadas, se non controlas de coordenadas cando remates a túa parte déixamo a min que llas poño sen problema porque xa lle teño pillado o tranquillo.
- E tes razón que o pavillón de Riazor non ten fotos, claro, todo o mundo fai fotos ó estadio :). O caso é que se me escangallou a cámara e agora estou sen ela ata que ma reparen, a ver cando a teño de novo, pero tomo nota para cando esté armado de novo :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15:09, 13 de abril de 2012 (UTC)
- Si, si, é pavillón perdoa, correxín antes un que puxera mal no comentario anterior pero deixei os dous peores, os dos nomes dos artigos...!. Pois iso, que si precisas axuda co das coordenadas xa sabes onde está a miña conversa :), saúdos, --Elisardojm (conversa) 17:20, 13 de abril de 2012 (UTC)
-
-
- Xa me deron a cámara e cadroume de pasar por Riazor e fixen as fotos do pavillón, xa había unha pero agora hai para escoller :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:27, 16 de maio de 2012 (UTC)
-
-
-
-
- Ah, pois eu non me decatara de que podía pasar iso, moi curioso, si. Pero ten amaño, vou pedir que cambien o nome do ficheiro de commons e xa se poderá usar na Galipedia sen problema. Cando esté listo xa che aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:03, 17 de maio de 2012 (UTC)
-
-
-
-
-
-
- OK, pero non te preocupes polo cambio de nome porque en Commons teñen un bot (o famoso CommonsDelinker ademais de borrar tamén cambia os nomes) que se encarga de actualizar os nomes en tódalas wikis que os usan ;). Saúdos,
-
-
-
[editar] Pequencontro en Santiago
Boas, non sei se estás enterado do proxecto WikiSkills, pero resulta que este martes 17 pola tarde van facer un obradoiro dese tinglado en Santiago. Resulta que como imos a participar algúns galipedistas propuxen na taberna que ó rematar iso fagamos un pequeno encontro, se podes e che apetece deixa unha nota alí para ver cómo nos organizamos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:41, 13 de abril de 2012 (UTC)
[editar] Palacio dos Deportes de Riazor
Boas Jonny! Tentarei tirarlle algunha foto ao exterior, cando me cadre de volver ao hóckey tirarei algunha do interior. As imaxes van tardar, tentarei ir facendo o artigo coa información que atope. Unha aperta! --Piquito (conversa) 00:06, 16 de abril de 2012 (UTC)
Feito! O artigo xa está, cando poda ir tirarlle algunha foto, sexa exterior ou interior subireita. Por certo, púxen no nome Pazo en lugar de Palacio, espero que non sexa problema. Saudos!! --Piquito (conversa) 01:33, 16 de abril de 2012 (UTC)
[editar] Pazo dos Deportes
AA capacidade de 6.000 espectadores foi a dada á ACB cando o Breogán ascendeu en 1999 á Liga ACB (e así se reflicte nas guías da época), anteriormente a capacidade estaba considerada de 7.500, aínda que claro eso pasaba ao non estar delimitados os asentos nas zonas de bancos. Posteriormete (Se non recordo mal en 2004) fixéronse obras no pazo, habilitando o novo palco, e o club enviou á ACB unha nova capacidade de 6.500 espectadores (de feito, deixame mirar nalgún rexistro, pero hai datos de partidos no se que contabilizan máis de 7.500 espectadores, grazas a gradas supletorias postas a pé de pista). De tódolos xeitos buscarei máis referencias. Qui´zas na web poña 6.000 debido a que hoxe en día un dos fondos está cuberto cunha tela e a que xa non se colocan as gradas de pé de pista (e no Multiusos do Sar si se contabilizan as gradas supletorias). Oficialmente na ficha do club na web da ACB segue mostrando 6.500 espectadores.
No tocante ao pavillón municipal a capacidade en partidos de baloncesto é de 3.500, xa que para os partidos de fútbol sala non se usan as gradas supletorias dos fondos (que si, hoxe en día xa case non se utilizan, ao xogarse os partidos de baloncesto no Pazo), pero a posilidade de usalas existe. Buscarei tamén algunha referencia.--Adorian (fálame) 09:19, 16 de abril de 2012 (UTC)
- Perdoa se fun moi teimudo, pero é que no mesmo artigo sae a nota da capacidade máxima que pode albergar, é dicir, a capacidade habitual do pazo é de 6.000 espectadores, pero non quere dicir que se se xoga algún partido importante (cousa que últimamente non pasa), non se coloquen os bancos de pé de pista e demais.--Adorian (fálame) 09:23, 20 de abril de 2012 (UTC)
Do pavillón do Azkar teño referencias de cando xogaba aló o Breogán (até 1991) que marcan 3.500, pero como hoxe só se xoga a fútbol sala supoño que as gradas dos fondos están sempre retiradas, así que a día de hoxe só se utilizan penso as de 2.200 dos laterales, se cadra se pode poñer algunha aclaración, pero case mellor deixalo como está. Do Paco Paz de Ourense a ver se atopo algunha referencia, pero se non lembro mal creo que oficialmente andaba entre os 5.700 e 6.000. Unha aperta e gran traballo.--Adorian (fálame) 12:23, 20 de abril de 2012 (UTC)
[editar] RE:Ourense
Ben, o mapa non está completo de todo, fun metendo ós usuarios máis activos e tamén ós que teñen máis edicións, e sempre e cando na súa páxina de usuario teñan indicado o lugar onde residen, non todos o poñen e aínda que eu saiba ónde están algúns deles, se non o poñen nun sitio visible para todos pois non os podo meter no mapa. Non é plan de que ninguén sinta nin unha pequena obriga de publicar ese tipo de información, puxen o aviso na taberna para que todos saiban que hai iso e que o que quera se apunte ou se borre, e que ó que lle interese esa información poda usala. Xa me estou a liar :), o resumo é que non atopei ninguén (entre os que mirei, hoxe vou tentar buscar algún máis que falte) de Ourense para poñer no mapa e o que aínda é máis, non teño datos de ningún galipedista que ande por alí... O único que se me ocorre é poñer un aviso na taberna a ver se aparece alguén e se anima a facer unhas fotos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18:35, 20 de abril de 2012 (UTC)
- Nada, revisei Wikipedia:Estatísticas/Lista de usuarios por número de edicións e dos usuarios que fixeron algunha edición dentro dos últimos 30 días, é dicir os que están en azul, non atopei ningún que fose da provincia de Ourense. Cando fixen o mapa xa me decatara deste extrano e iso reflíctese moito, por exemplo, nos artigos dos concellos desa provincia. E por iso penso que é tamén é importante facer cousas fóra da Galipedia, para promocionala e tentar que se achegue máis xente de diferentes eidos e áreas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:43, 22 de abril de 2012 (UTC)
[editar] Columnas
Moitísimas grazas Jonny!!! Piquito (conversa) 15:43, 8 de maio de 2012 (UTC)
[editar] Caixa de información
Boas Jonny, mira unha cousiña, sabes se neste modelo se podería insertar un Modelo:Football kit, queda moi raro que non se poda ver a vestimenta do equipo. Moitas grazas! Piquito (conversa) 14:05, 9 de maio de 2012 (UTC)
[editar] Categoría:Rugby e Categoría:Rugby League
Jonny, podes meterlle unha liña de texto explicativa do que é cada cousa nas dúas categorías? Graciñas.--. HombreDHojalata.conversa 13:40, 12 de maio de 2012 (UTC)
[editar] Kevin Durant
Tes toda a razón, non me din conta ó facer o artigo. Grazas pola corrección ;) --FleaRHCP (conversa) 19:55, 12 de maio de 2012 (UTC)