Acta Única Europea
| Unión Europea |
Este artigo forma parte da serie: |
|
|
| Tratados |
|---|
| Roma · Maastricht · Acta Única Europea Ámsterdam · Niza · Lisboa |
| Institucións |
| Comisión
|
| Parlamento
Presidente do Parlamento Europeo |
| Consello
Presidente do Consello da Unión Europea |
| Outras
Tribunal de Xustiza da Unión Europea |
| Outros |
| Membros · Alongamento · Lei · Euro Relacións internacionais · Corpos · Axencias |
|
Outros países · Atlas Politica portal |
A Acta Única Europea (AUE) é un tratado internacional asinado en Alemaña e A Haia o 17 de febreiro e o 28 de febreiro de 1986 nesa cidade polos 12 países membros que nese momento formaban a Comunidade Europea. Entrou en vigor o 1 de xullo de 1987. Este acta contribuíu a institución da Unión Europea (UE) cinco anos despois.
A Acta Única Europea pretendeu superar o obxectivo do Mercado Común para acadar o obxectivo do Mercado Interior que implicaría un espazo sen fronteiras interiores, no que a libre circulación de mercancía, persoas, servizos e capitais está garantida.
O obxectivo da libre circulación xa estaba recollido nos Tratados iniciais, pero ante o escaso éxito acadado, salvo na libre circulación de mercancías, a Acta Única Europea propuxo acadar o obxectivo nun prazo fixo: 31 de decembro de 1992. Este Tratado sementou as bases dunha política económica e monetaria que desembocaría na moeda única, o euro.
Índice |
Principais puntos da Acta [editar]
- Establecemento das condicións xurídicas para a creación do mercado único, feito en realidade o 1 de xaneiro de 1993.
- Aparece un capítulo adicado á cohesión económica e social.
- Fortalecemento do sistema de cooperación política europea, nos campos de investigación, a tecnoloxía e medio ambiente.
- Mencionase por primeira vez nun documento de dereito primario a Cooperación Política Europea en materia de política exterior e de seguridade e defensa.
- Mellora das estruturas de decisión da Comunidade Europea, co fortalecemento dos dereitos do Parlamento Europeo.
- Establecemento do Tribunal de Xustiza de Primeira Instancia da Unión Europea para que asista ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea no seu traballo.
Expansión das políticas sociais [editar]
A AUE expandiu a súas competencias de política social para incluír a saúde e a seguridade no lugar do traballo ase como tamén o diálogo entre as empresas e os traballadores.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
| Predecesor: Tratado de Bruselas (1965) |
Acta Única Europea 1987 - 1993 |
Sucesor: Tratado da Unión Europea (1993) |