Castro de Meangos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°13′41″N 8°15′30″O / 43.2280521, -8.2583444

Castro de Meangos
ParroquiaMeangos
ConcelloAbegondo
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15001008
Cronoloxía
Estado actualRegular
Extensión estimada3.17 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro de Meangos é un castro situado na parroquia de Meangos, no lugar da Igrexa, no concello coruñés de Abegondo.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Consta dun recinto fortificado cun pequeno recinto central duns 50 metros de diámetro, defendido por un pequeno terraplén. Está rodeado por un segundo recinto que polo seu lado sur foi destruído pola construción dunha igrexa e o seu cemiterio. Este segundo recinto ten unha forma oval. Está defendido por un parapeto duns 28 metros de anchura e 8 de altura. No arco O-N-L presenta un aterrazamento que chega ós 23 metros de anchura no lado oeste e que se vai pechando cara a parte oriental[1]

As construcións da igrexa destruíron parcialmente o extremo meridional do xacemento. Por riba del pasa unha liña eléctrica de alta tensión.

Arqueoloxía[editar | editar a fonte]

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "PXOM: Concello de Abegondo". abegondo.gal. 26 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]