Carballo anano
| Carballo anano | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| ''Quercus lusitanica'' Lam. |
|||||||||||||||
| Sinonimia | |||||||||||||||
|
Quercus infectoria, Olivier |
|||||||||||||||
O carballo anano ou caxigo (Quercus lusitanica Lam. ou Quercus faginea) é un arbusto da familia das Fagáceas que raramente acada os 2 metros. En moitas ocasións vai ligado á sobreira (Quercus suber). A súa floración prodúcese entre abril e maio.
Índice |
Morfoloxía [editar]
A súa cortiza é gris. As follas miden de 3 a 5 cm, son coriáceas (esclerosadas), con limbo obovado-oblongo e marxe enteiro. Ten de 4 a 6 pares de lóbulos ou dentes dirixidos cara ó ápice. As follas adultas só teñen pelaxe polo envés. O pecíolo das follas vai de 2 a 3 milímetros. As landras miden entre 1 e 2 centímetros e poden ir sentadas ou ter un pequeno pedúnculo de até centímetro e medio.
Situación [editar]
No monte Pindo atópase a única poboación galega coñecida desta especie autóctona do Mediterráneo suroccidental (España, Portugal e Marrocos). A poboación galega deste tipo de carballo arbustivo é o límite da especie polo norte.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Quercus lustanica na base de datos da NPGS/GRIN.
- Información sobre o bugallo do carballo anano.