Quercus texana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Quercus texanaé unha especie de árbore da familia das fagáceas, unha das numerosas comprendidas no xénero Quercus.

Q. texana como árbore ornamental

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

Quercus texana foi descrita en 1860 polo naturalista (botánico e xeólogo estadounidense Samuel Botsford Buckley,[2] que publicou a súa descrición en Proceedings of the Academy of Natural Sciences of Philadelphia 12: 444–445.[3][4]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Quercus: nome xenérico tirado do latín que designaba igualmente ao carballo e é aciñeira.

texana: epíteto xeográfico que alude á súa localización en Texas.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especioe coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]

  • Quercus nuttallii E.J.Palmer
  • Quercus nuttallii var. cachensis E.J.Palmer
  • Quercus nuttallii var. texana (Buckley)
  • Quercus palustris f. nuttallii (E.J.Palmer) C.H.Mull.
  • Quercus rubra var. texana (Buckley) Buckley
  • Quercus shumardii subsp. texana (Buckley) A.E.Murray
  • Quercus shumardii var. texana (Buckley) Ashe

Características[editar | editar a fonte]

Quercus texana é unha árbore de folla caduca de tamaño de mediano a grande, de copa aberta e crecemento rápido. Pode alcanzar de 25 a 35 m de altura.[1]

As follas adoitan teren lóbulos coas puntas afiadas, con serdas ou con púas no lóbulo; as flores teñen estilos longos, e as landras maduran en 18 meses e teñen un sabor moi amargo.

Distribución e hábtat[editar | editar a fonte]

É unha árbore nativa de América do Norte que se distribúe polo sur dos Estados Unidos na parte inferior da conca do río Mississippi, desde Texas até, polo leste, a Alabama e, polo norte, até o sur de Illinois, ocupando tamén o sueste de Missouri, Mississippi o extremo oeste de Tennessee e o sur de Louisiana. Estímase que a área de distribución desta especie supera os 700 000 km2.[1]

Esta especie forma bosques até os 200 m de altitide, e medra en solos arxilosos húmidos ao longo de chairas inundábeis, regatos e terras baixas, pero pode tolerar sitios máis secos.[1]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que, a pesar da ampla área de distribución de Quercus texana no baixo val do río Mississippi, é moi posíbel que se vexa ameazada polo actual cambio climático, e prevese que poida perder, potencialmente, máis do 30 % do seu hábitat adecuado.[5][6] Isto superaría o limiar necesario para avaliar a Q. texana como vulnerábel. Porén, neste caso non se sabe se existe unha relación lineal entre a diminución do hábitat e a diminución da poboación, xa que se descoñece a densidade de poboación e a capacidade de adaptación desta especie. Debido a estas incertezas, e a outros supostos inherentes á modelización do cambio climático, estas predicións de adecuación do hábitat non se utilizaron para aplicar estritamente as categorías e os criterios da Lista vermella polo que o status de Quercus texana avalíase como LC (pouco preocuante), pero poderían convertese en NT (Case ameazada) debido aos impactos do cambio climático.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Wenzell, K., Kenny, L. & Jerome, D. (2017): Quercus texana na Lista vermella da UICN. Versión 2021.3. Consultada o 18 de febretiro de 2022.
  2. Quercus texana Buckl. no BioLib. Consultado o 18 de febreiro de 2022.
  3. "Quercus texana". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 18 de febreiro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 Quercus texana Buckley no GBIF.
  5. Potter & Hargrove 2013.
  6. Potter et al. 2017.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Flora of North America Editorial Committee (FNA) (1997): Flora of North America North of Mexico, Volume 3: Magnoliidae and Hamamelidae. New York: Oxford University Press. ISBN 0-1951-1246-6.
  • John Stein, Denise Binion & Robert Acciavatti. US Department of Agriculture (2017): Fild Guide to Native Oak Species.
  • Paul S. Johnson, Stephen R. Shifley, Robert Rogers, Daniel C. Dey & John M. Kabrick (2019): The Ecology and Silviculture of Oaks 3rd Edition. CABI. ISBN 978-1-7806-4708-1.
  • Potter, K., Crane, B. & Hargrove, W. (2017): "A United States national prioritization framework for tree species vulnerability to climate change". New Forests: 1–26.
  • Potter, K. M. & Hargrove, W. W. (2013): "Quantitative Metrics for Assessing Predicted Climate Change Pressure on the North American Tree Species". Mathematical and Computational Forestry and Natural-Resources Science 5 (2): 151-169.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]