Lithocarpus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lithocarpus glaber
Lithocarpus hancei
Lithocarpus elegans

Lithocarpus é un xénero de plantas pertencente á familia das fagáceas.

A lista de Kew acepta que o xénro conta con 334 especies, aínda que algúns autores atribúenlle só 100, todas elas nativas do suroeste de Asia, coa única excepción de Lithocarpus densiflorus, que é propia do oeste de Norteamérica (Oregón e California).[1]

Na bibliografía internacional estas especies son coñecidas co nome vulgar de carballos de pedra.

Características[editar | editar a fonte]

As especies deste xénero on árbores perennifolias cunha aparencia entre a do carballo e do castiñeiro. O seu tamaño varía moito segundo a especie, Lithocarpus densiflorus alcanza os 24 m de altura ou máis, mentres que Lithocarpus edulis só chega aos 9 m de altura nos espécimes cultivados. As súas follas, coriáceas, poden seren enteiras ou dentadas. A inflorescencia é similar á do castiñeiro, e a semente é unha cápsula semellante a unha landra de carballo, pero coa casca moi dura. O froito de Lithocarpus edulis é comestíbel, pero non o das demais especies. Son plantas de clima frío, que requiren sol ou sombra parcial e un solo ben drenado, neutro ou ácido.[2]

Varias especies cultívanse como planta ornamental para parques e xardíns en zonas temperadas e subtropicais.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1826 polo naturalista e botánico alemán-neerlandés Carl Ludwig Blume e publicado en Bijdragen tot de flora van Nederlandsch Indië 10: 526.[3]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome Lithocarpus está formado polos elementos do latín científico litho- e -carpus, derivados dos nomes do grego antigo λίθος líthos, "pedra", e καπός carpós, "froito", "semente",[4] en alusión á dureza dos seus froitos.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome valido actualmente, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[5]

  • Arcaula Raf., 1838
  • Corylopasania (Hickel & A.Camus) Nakai, 1939
  • Cyclobalanus (Endl.) Oerst., 1867
  • Kuromatea Kudô, 1930
  • Limlia Masam. & Tomiya, 1947
  • Pasania (Miq.) Oerst., 1867)
  • Synaedrys Lindl., 1836

Nota taxonómica[editar | editar a fonte]

Recentes estudos xenéticos do xénero Lithocarpus, suxiren que a especie norteamericana está distanciada das especies asiáticas e pode ser transferida ao seu propio xénero,[6]

Isto foi o que de feito fixeron Manos, Cannon e Oh, en 2008, en que, baseándose en múltiples evidencias, crearon o novo xénero Notholithocarpus, que está máis estreitamente relacionado cos carballos temperados do norte, do xénero Quercus, e non tanto cos carballos de pedra tropicais asiáticos, e que semella que se trata dun exemplo de evolución morfolóxica converxente.[7]

Algunhas especies seleccionadas[editar | editar a fonte]

Nota: a lista completa pode verse na ligazón externa dos Reais Xardíns Botánicos de Kew.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lithocarpus en The Plant List.
  2. Lithocarpus Arquivado 06 de xullo de 2020 en Wayback Machine. en elhogarnatural.com (en castelán).
  3. "Lithocarpus". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 6 de xullo de 2020. 
  4. Lithocarpus no Meriam-Wbebaster Dictionary.
  5. "Lithocarpus". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 6 de xullo de 2030. 
  6. Paul S. Manos, Zhe-Kun Zhou & Charles H. Cannon (2001): "Systematics of Fagaceae: Phylogenetic tests ofreproductive trait evolution". Int. J. Plant Sci. 162 (6): 1361–1379.
  7. Manos, Paul S.; Cannon, Charles H.; Oh, Sang-Hun (2008): "Phylogenetic relationships and taxonomic status of the paleoendemic Fagaceae of Western North America: recognition of a new genus, Notholithocarpus". Madroño 55 (3): 181–190.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Camus, Aimee (1948): "Les chenes. Monographie des genres Quercus et Lithocarpus, Atlas vol. 3". Encyclopedie Economique de Sylviculture. 7: 152–165.
  • Kaul, Robert B. (1987): "Reproductive structure of Lithocarpus sensu lato (Fagaceae): cymules and fruits". Journal of the Arnold Arboretum. 68: 73–104.
  • Soepadmo, E. (1972): "Fagaceae". Flora Malesiana: Series I - Spermatophytes. 7: 265–403.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]