Calidris acuminata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Calidris acuminata é unha especie de ave da orde das caradriformes e familia dos escolopácidos, unha das 24 integradas no xénero Calidris.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1821 polo médico e naturalista estadounidense Thomas Horsfield, baixo o nome de Totanus acuminatus,[2][3] na páxina 192 do seu traballo publiado en Trans. Linn. Soc. London 1 (13).[2]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, ver Calidris.

O epíteto específico, acuminata, está tirado do adxectivo latino acūminātus, -a, -um, derivado do nome acūmen, -inis, "punta (da espada)", lanza, estilete,[4][5] seguramente en alusión ao seu estreito bico rematado en punta.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]

  • Totanus acuminatus Horsfield, 1821
  • Tringa australis Jardine & Selby, 1830
  • Limnocinclus acuminatus rufescens Mathews, 1916

Características[editar | editar a fonte]

Medidas:[6]

  • Tamaño: 22 cm
  • Peso: 39-114 g
  • Envergadura: 36–43 cm

Os adultos reprodutores son de cor marrón cos centros das plumas máis escuros por riba e brancos por abaixo. Teñen unha lixeira liña superciliar por riba do ollo e unha coroa de castaña. No inverno, grises arriba. Os xuvenís teñen un debuxo brillante na parte superior con cor avermellada e raias brancas no lombo.

Esta especie parécese moito a Calidris melanotos, dentro de cuxa área de distribución asiática cría. Diferénciase desta especie polo seu patrón de coloración no peito, a liña superciliar máis forte e a coroa máis avermellada. Ten tamén algunhas semellanzas con Calidris subminuta, pero é moito máis grande.

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Calidris acuminata cría na tundra pantanosa do nordeste asiático e é extraordinariamente migratoria, invernando no sueste asiático e Australasia. Aparece como un raro migrante de outono en Norteamérica, pero no oeste de Europa só aparece como un divagante moi raro. Hai un único rexistro documentado en América do Sur.[7]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Manda en voo en Victoria, Australia
Buscando alimento en Taiwán.

Cría[editar | editar a fonte]

Pouco se sabe dos hábitos reprodutivos desta especie, aínda que aniña no chan, e o macho ten un voo de exhibición.

Alimentación[editar | editar a fonte]

Estas aves aliméntanse en prados e lameiros, como o Calidris melanotos, collendo alimentos coa vista, e ás veces sondeando. Comen principalmente insectos e outros invertebrados.

Ameazas[editar | editar a fonte]

Na súa área de invernada en Australia, a principal ameaza é a seca (Clemens 2017), cuxa frecuencia e gravidade se prevé que aumenten a medida que o clima cambie (polo actual cambio climático).[8] Noutros lugares, as principais ameazas son os cambios nas costas, en particular ao longo do mar Amarelo, onde se está producindo un rápido desenvolvemento da acuicultura e da industria, a invasión de Sporobolus alterniflorus (Loisel.) [antes, Spartina alterniflora Loisel.], unha gramínea perenne caducifolia que se acha en áreas inundadas intermareais, especialmente estuarios e lagoas salobres), a contaminación por verquidos domésticos, industriais e acuícolas, petróleo e pesticidas, e a caza e o afogamento incidental de espécimes en redes de pesca e nasas. A área do seu hábitat tamén se está reducindo debido a unha combinación de fluxo restrinxido de sedimentos procedentes de ríos cada vez máis embalsados,[9][10] e o aumento do nivel do mar en moitos sitios que impiden a migración do hábitat axeitado cara ao interior. Non se sabe ben como xestionar estas ameazas, mentres que hai limitados intentos de implementar o coñecemento de xestión dispoñible. A China tivo unha gran recuperación a principios de 2018, e a creación de santuarios de aves migratorias ao longo da costa do mar Amarelo e do golfo de Bohai como Patrimonio da Humanidade da UNESCO,[11] debería reducir algúns riscos, aínda que os principais obstáculos políticos, sociais e económicos permanecen.

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

Segundo datos tirados de Australia, estímase que esta especie está a sufrir un rápido descenso de poboación (aproximadamente do 45 % durante tres xeracións) debido á degradación do hábitat, á contaminación e ao cambio climático. Polo tanto, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) avalía o status sa especie como VU (vulnerable).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2022): Calidris acuminata na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 1 de setembro de 2022.
  2. 2,0 2,1 Calidris acuminata (Horsfield, 1821) no GBIF. Consultado o 2 de setembro de 2021.
  3. 3,0 3,1 Calidris acuminata (Horsfield, 1821) na BioLib. Consultado o 2 de setembro de 2021.
  4. acuminate no Merriam-Webster Dictionary.
  5. Jobling, James A (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, p. 31.
  6. Calidris acuminata en oiseaux.net (en inglés).
  7. Knowlton, Will H. (2016). "Sharp-tailed sandpiper Calidris acuminata in Bolivia: first documented record for South America". Cotinga 38: 20–22. 
  8. Evans, J. P., Argueso, D., Olson, R. & Di Luca, A. (2017): "Bias-corrected regional climate projections of extreme rainfall in south-east Australia". Theoretical and Applied Climatology 130: 1085-1098.
  9. Melville, D. S.; Chen, Y. & Ma, Z. (2016): "Shorebirds along the Yellow Sea coast of China face an uncertain future – a review of threats". Emu 116: 100-110.
  10. Murray, N. J., Clemens, R. S., Phinn, S. R., Possingham, H. P. & Fuller, R. A. (2014): "Tracking the rapid loss of tidal wetlands in the Yellow Sea". Frontiers in Ecology and the Environment 12: 267-272.
  11. Melville, D. S. (2018): "China's coasts – a time for cautious optimism". Wader Study 125: 1-3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]