Livonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Livonia.

Livonia era unha pequena rexión do noreste de Europa, nas bairas do Báltico habitada polos livos ou livonios.

Pero na Idade Media designaba un territorio moito máis extenso (Terra Mariana) controlado polos cabaleiros da Orde de Livonia, nas costas orientais do mar Báltico, nas actuais Letonia e Estonia.

As súas fronteiras eran o golfo de Riga e o golfo de Finlandia, no noreste; o lago Peipus e Rusia, no leste e Lituania, ao sur.

A comezos do século XII Livonia era unha zona de influencia económica e política dos daneses e alemáns, particularmente da Liga Hanseática e a Orde do Císter.

Historia[editar | editar a fonte]

Ao redor de 1160, comerciantes hanseáticos de Lübeck estableceron unha base no futuro lugar de Riga. A Crónica de Enrique de Livonia, de 1220, da conta de primeira man da cristianización de Livonia, concedida como un feudo polo rei de Alemaña, Felipe de Suabia, da casa Hohenstaufen, ao bispo Alberto de Buxhoeveden, sobriño do arcebispo de Bremen, que navegou cun convoi de naves cheas de cruzados armados para crear un territorio católico no leste, durante as chamadas Cruzadas do Norte. Riga foi fundada por Alberto de Buxhoeveden en 1201, que construiu unha catedral e se converteu no primeiro príncipe.bispo de Livonia.

A conquista de Livonia polos alemáns descríbese na Crónica rimada de Livonia.

A Conferedación Livona en 1260.

A partir de principios do século XIII, Livonia converteuse na Confederación Livona, que estaba formada por cinco territorios independentes:

A sede da Dieta estaba na cidade de Walk.

Mancomunidade polaco-lituana en 1618 (coas fronteiras actuais).

En 1561, durante a Guerra Livona, Livonia entrou a formar parte da Mancomunidade polaco-lituana.

O Imperio ruso recoñeceu o control polaco de Livonia a partir de 1582.

A organización de Livonia na Mancomunidade en 1598 era:

Na década de 1620, Suecia, rexida por Gustavo II Adolfo conquistou a rexión norte de Estonia e a rexión central de Letonia, incluíndo Riga, despois de vencer na Guerra Polaco-Sueca, incorporando as dúas rexións ao reino sueco como una posesión chamada Livonia sueca.

A porción de Livonia que se mantiña na Mancomunidade, coñecida como a Livonia polaca ou Inflanty, consistía principalmente na rexión letona meridional (Latgale) dentro do Voivodato de Livonia con capital en Daugavpils, ou Dyneburg. Esta división de Livonia foi ratificada no Tratado de Oliva en 1660.

O Imperio ruso conquistou a Livonia sueca durante o curso da Gran Guerra do Norte, e adquiriu a provincia no tratado de Nystad, en 1721. Máis tarde, Rusia anexionou ao seu territorio a Livonia polaca, en 1772, durante as Particións de Polonia.

Livonia permaneceu dentro do Imperio ruso até o final da Primeira Guerra Mundial, cando foi dividida entre os novos estados independentes de Letonia e Estonia.

En 1918-1920, os exércitos soviético e alemán entraron en combate contra as tropas letonas e estonias polo control de Livonia, pero as súas tentativas non deron resultado. A terra histórica de Livonia como tal foi repartida entre Letonia e Estonia desde aquela.

Hoxe en día fálase en partes de Letonia o livonio, aínda que se vai extinguindo raidamente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]