Crónica del rey pasmado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Crónica del rey pasmado


Autor Gonzalo Torrente Ballester
País Cataluña
Lingua castelán
Xénero(s) Novela
Editorial Editorial Planeta
Data de publicación 1989
Formato Rústica sen solapas
12,5 x 19 cm
Páxinas 192
ISBN ISBN 978-84-670-3352-6

Crónica del rey pasmado é unha novela en lingua castelá de Gonzalo Torrente Ballester publicada en 1989 por Editorial Planeta. Foi levada ao cinema en 1991 por Imanol Uribe, co título de El rey pasmado, e con guión de Gonzalo Torrente Malvido e Juan Potau.

Índice

[editar] Trama

Aviso: esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

O rei Filipe IV de España é un mozo de 20 anos. Logo de pasar unha noite cunha prostituta á que mira espida, éntralle o antollo de ver sen roupa a súa muller. Isto convértese nun conflito de estado, no que se ven implicados o seu valido, e máis o consello do Santo Oficio.

[editar] Narración

A obra está narrada desde o punto de vista do narrador omnisciente. Aínda que nalgún caso emprega a primeira persoa, dando a entender que o narrador é un membro da corte do rei, non fala dos seus feitos, senón sempre usando a terceira persoa.

Utiliza decote o sentido do humor, parodiando a alta sociedade do momento. A linguaxe empregada utiliza numerosas expresións propias do tratamento cortesán e eclesiástico de inicios do século XVII. Amais do uso do castelán, hai numerosas expresións en latín propias de rezos.

[editar] Personaxes

Aínda que hai varios personaxes reais, non se explicita o seu nome en ningún momento.

[editar] Espazo e tempo

Está ambientada en Madrid a comezos do século XVII (dise que o rei, que naceu en 1605, ten 20 anos). É no mes de outubro, pero aínda vai bastante calor. Aparecen descritos numerosos espazos da vila castelá, especialmente igrexas, mosteiros e palacios reais.

Fálase da guerra de Flandres e da chegada a Cádiz da flota procedente das Américas cargada de ouro e prata. Fálase da situación social e política da época: o estado endebedado cos banqueiros xenoveses, o poder eclesiástico e as confrontacións entre ordes relixiosas, e a subordinación das persoas ante as institucións.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas