Adana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adana

Adana é unha cidade de Turquía, capital da provincia de Adana, situada na beira do río Seyhan. No ano 2000 tiña 1.130.710 habitantes. É sede da Universidade Çukurova.

A súa importancia estratéxica venlle pola súa situación como porta da chaira de Cilicia, fértil zona agrícola na que Adana constitúe o centro de distribución dos produtos da rexión: algodón, trigo, orxo, uvas, cítricos, olivas e tabaco e centro industrial.

Historia[editar | editar a fonte]

O máis antigo asentamento é dis hititas, arredor do 1400 a.C., Pompeio o Grande establece no 63 a.C. unha estación do exército romano na estrada que conducía ao leste. Despois da caída do imperio romano a cidade decaeu, foi reconstruída no século VIII por Harun al-Rashid, califa de Bagdad.

En 1378 a dinastía turkmena dos Ramazan faise co poder na cidade, en 1516 incorpórase ao Imperio Otomano, pero os Ramazán permanecen no poder ata 1608.

En 1832 foi ocupada polos exipcios, e en 1840 restaurouse o goberno otomán.

A masacre de Adana, foi a segundo nunha serie de grandes matanzas de armenios ao longo do Imperio Otomán, as atrocidades cometidas na provincia de Adana en abril de 1909 coincidiron coa contrarevolución dos partidarios do sultán Abdul Hamid II que fora forzado a restaurar a costitución otomana como resultado da revolución dos novos turcos de 1908. Na cidade de Adana 4.437 armenios foron queimados e 30.000 armenios morreron no distrito, as tentativas armenias de resistencia na cidade resultaron inútiles.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Adana