Cebú (cidade)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 10°17′N 123°54′E / 10.283°N 123.900°E / 10.283; 123.900

Cebú (cidade)
Dakbayan sa Sugbo (en cebuano)
Cebu City Montage II.png
Imaxes de Cebú
Situación xeográfica
Cebú en Filipinas
Cebú
Cebú
País Flag of the Philippines.svg Filipinas
Rexión Visayas Central
Provincia Cebú
Xeografía
Altitude 17 msnm
Superficie 315,0 km²
Poboación
Poboación 866.171 hab. (2010)
Densidade 2.700 hab/km²
Xentilicio Cebuano/a
Información
Código postal 6000
Alcalde Michael L. Rama (UNA)
Páxina web www.cebucity.gov.ph/
Cruz de Magalhães.
Monumento a Magallanes en Mactán, Cebú, Filipinas.
Erixido polo goberno de Isabel II.

A cidade de Cebú (en filipino e lingua cebuana Dakbayan sa Sugbo, en inglés City of Cebu ou Cebu City, en castelán Ciudad de Cebú, coñecida popularmente como La Reina del Sur) é una cidade filipina situada na costa oriental da illa de Cebú, na rexión das Visayas Centrais. É a capital da provincia de Cebú. A súa poboación en 2007 era de 814 296 habitantes, chegando aos 2 314 897 na aglomeración (Gran Cebú).

Cebú es, tras a Gran Manila, o centro económico e mercantil máis importante das Filipinas. Conta con numerosos parques empresariais, distrito de negocios, universidades, colexios, hospitais e outros servizos. Por outra parte, nas súas proximidades está a illa de Mactán, que acolle un nutrido turismo.

Cebú está conectada co resto do arquipélago das Visayas, das que é a capital, así como co resto do país e con diversos destinos internacionais grazas ao seu aeroporto (Aeroporto Internacional Mactán-Cebú) e ao seu porto marítimo.

Historia[editar | editar a fonte]

Cando el explorador portugués ao servizo do imperio español Fernão de Magalhães arribou coa sú flota ao que hoxe é o arquipélago das Visayas, tras unha viaxe épica a través do Pacífico buscando as illas das Especias, os nativos sinaláronlle a Sugbo como o centro comercial do arquipélago, que xa era unha cidade próspera desde había 3 000 anos. Tiña relacións comerciais con China e outros países do Sueste asiático.

O 16 de marzo de 1521, os conquistadores chegaron a Cebú. Non foi sorprendente que o raxá Humabon e a súa esposa Humamay, que eran os caciques da cidade, lle deran a benvida sonrientes, xa que eran os primeiros occidentais que poñían pé a tierra naquela zona. Porén, hai que indicar que os forasteiros non eran estraños aos cebuanos, xa que desde había séculos, os barcos cargados con porcelana, seda, especias, ferro e outras mercadorías arribaban a porto, desde os puntos máis afastados de oriente.

Magalhães o primeiro que fixo foi plantar a cruz na cidade e bautizar aos nativos na fe católica; pero a inicial benvida tornouse rapidamente en rebelión fronte aos visitantes. Tras algunhas escaramuzas, un rei da veciña illa de Mactán, chamado Lapu-Lapu, asasinouno.

Estatua de Lapu-Lapu, héroe nacional de Filipinas por matar a Magalhães en Mactán.

Elcano, que tomou o mando da flota española, completou a gran proeza, dando por primeira vez a volta ao mundo.

Tras corenta años de interludio, en marzo de 1565 Miguel López de Legazpi desembarca na illa de Cebú con 380 homes. O 27 de abril de 1565 funda la Villa de San Miguel (actual Cebú), cabeceira dos dominios españois en Filipinas até 1571, e base para a conquista do arquipélago filipino.

Transcorreron cerca de cincocentos anos desde a chegada dos españois, e a cruz erixida por Magallaães continúa alzada no centro da cidade, símbolo da cristiandade, o legado —non o único— máis forte deixado por eles.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Internacionais
Flag of Indonesia.svg Bandung, Indonesia
Flag of South Korea.svg Yeosu, Corea do Sur
España Barcelona, España
Flag of Israel.svg Beersheba, Israel
Flag of South Korea.svg Busan, Corea do Sur
Flag of the United States.svg Chula Vista, California, Estados Unidos
Flag of the United States.svg Seattle, Washington, Estados Unidos[1]
Flag of Mexico.svg Guadalajara, México[2]
Flag of the Netherlands.svg Haarlemmermeer, Países Baixos
Flag of the People's Republic of China.svg Xiamen, China
Flag of the Republic of China.svg Kaoshiung, Taiwán
Australia Parramatta City, Australia
Bélxica Kortrijk, Bélxica
Flag of Portugal.svg Sabrosa, Portugal[3]
Local
Flag of the Philippines.svg Butuan, Agusan del Norte
Flag of the Philippines.svg Davao City, Davao del Sur
Flag of the Philippines.svg Manila, Metro Manila

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]