George Rooke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O almirante Sir George Rooke, por Michael Dahl, ca 1705.

Sir George Rooke (Canterbury, 1650; m. 24 de xaneiro de 1709), xefe de escuadra inglés, foi o vencedor na batalla de Rande e o segundo gobernador militar de Gibraltar.

Biografía[editar | editar a fonte]

Enrolado voluntariamente na Royal Navy, combateu durante a Terceira Guerra anglo-holandesa, ascendendo a capitán de navío en 1673. Foi nomeado contra-almirante en 1690, participando na batalla de Cabo Béveziers. En maio de 1692 servíu sob as ordes de Edward Russell, distinguíndose nas batallas Barfleur (onde chegou a queimar seis baixeis franceses no transcurso dunha noite) e na batalla de La Hougue. Tales feitos de armas valéronlle o ennobrecemento e unha recompensa de 1.000 libras. En 1693 foille encargada a misión de asegurar a protección do convoi de Smyrne, que o almirante de Tourville dispersara despois da batalla de Lagos. Servíu logo na Mancha e no mar Mediterráneo até a Paz de Ryswick (1697). En 1702 foi quen de obter as vitorias de Cádiz e máis na batalla de Rande, na ría de Vigo. Dous anos despois colaborou con Cloudesley Shovell no asedio de Xibraltar, o 21 de xullo de 1704, obtendo o título de Gobernador de Gibraltar, aínda que provisorio, o 24 de xullo. O 13 de agosto do mesmo ano atacou un convoy francés novamente (batalla de Málaga), sen que obtivese éxito nesta ocasión.

Descontento da sorte da súas actividades, pedíu o retiro en febreiro de 1705.