Quinto real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O quinto real era a parte correspondente á Corona española, a modo de imposto, que se estableceu en 1504 e gravaba diversas actividades como a explotación de minas, as conquistas das Américas, as actividades da frota. Significaba o 20% do total e durou máis de 200 anos. En 1723 foi reducido ao 10%.