Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Somalilandia
 |
|
|
A bandeira de Somalilandia foi adoptada o 14 de outubro de 1996. Está composta por tres franxas horizontais de igual tamaño en cores verde, branco e vermello. Sobre a franxa verde está escrito en árabe a shahada (Non hai máis Deus que Alá e Mahoma é o seu Profeta) e sobre a branca hai unha estrela negra.
Cada cor ten un significado: o verde significa prosperidade, o branco a paz e o vermello os heroes caídos pola liberdade do seu pobo, mentres que a shahada representa o Islam. A estrela negra representa o desexo de unificar os cinco pobos somalís: Somalilandia, Somalia, a provincia de Ogaden en Etiopía, Xibutí e parte do norte de Quenia.
Previamente, outra bandeira foi usada ata 1996, consistente nun campo branco cun disco central de cor verde arredor do cal estaba escrita a shahada.
Outras bandeiras [editar]
-
-
-
1950 - 26 de xuño de 1960
-
26 de xuño 1960 - 1 de xullo 1960
Somalia
1 de xullo de 1960 - 18 Maio de 1991
-
18 de maio de 1991 - 14 de outubro de 1996
-
14 de outubro de 1996 - Presente
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]