Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Mauritania
 |
|
|
A bandeira de Mauritania foi adoptada o 1 de abril de 1959. Consiste nun fondo de cor verde no que figuran unha lúa crecente de cor amarela situada baixo unha estrela de cinco puntas da mesma cor.
As cores verde e amarela están asociadas co Panafricanismo. O verde tamén é un símbolo do Islam e o amarelo do Deserto do Sahara. A lúa crecente e a estrela son considerados símbolos no Islam, a relixión maioritaria de Mauritania.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]