Bandeira de Angola
|
A bandeira de Angola está dividida horizontalmente en dúas metades, unha franxa superior vermella e unha parte inferior negra. A cor vermella simboliza o sangue caído polo pobo durante a loita pola independencia e o negro simboliza ó continente africano.
O símbolo do centro, en cor amarelo, componse dunha roda dentada entrecruzada cun machete e unha estrela. A roda dentada representa ós traballadores industriais, o machete ós campesiños agricultores, e a estrela o progreso e a solidariedade internacional.
Baseada na bandeira do Movemento Popular de Liberación de Angola (MPLA), os símbolos son reminiscencias da fouce e martelo da Bandeira da Unión Soviética.
Índice |
[editar] Nova bandeira proposta
No 2003 propúxose unha nova bandeira nacional para Angola. Está composta por 5 franxas horizontais en tons azul, branco e vermello. As dúas franxas azuis, nos extremos superior e inferior, representan a xustiza, a solidariedade e a liberdade; as dúas franxas en branco, contiguas ás anteriores, simbolizan a paz, a unidade e a harmonía, mentres que a franxa central en vermello representa o sacrificio, a tenacidade e o heroísmo. No centro, sitúase o debuxo dun Sol de 15 raios e tres círculos non concéntricos, similar ós debuxos atopados na cova de Tchitundo-Hulu, na Provincia de Namibe, e que representa o patrimonio cultural angolano.
O 28 de agosto de aquel ano foi aprobada pola Comisión Constitucional. Porén, existe un movemento popular en contra desta bandeira, a cal só poderá ser oficializada cando se estableza unha Asemblea Constituínte.
[editar] Outras bandeiras
-
Bandeira do movemento militar e novo goberno MPLA
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
|
|||||