Bandeira de Tunisia
|
A bandeira de Tunisia é un pano de cor rubia cun círculo branco na zona central que contén unha lúa crecente e unha estrela de cinco puntas rubias. As súas dimensións son 2:3.
A bandeira nacional de Tunisia non sufriu grandes mudanzas desde que foi adoptada en 1831 polo bey (monarca) tunisiano Hassine I. A lúa crecente e a estrela son símbolos tradicionais do Islam e indican que Tunisia formou parte do Imperio otomán. A cor vermella tamén foi tomada dos otománs. A bandeira nacional recuperouse coa independencia de Francia (20 de marzo de 1956), que fora cambiada en 1881 ao establecerse o dominio colonial francés.
Outras bandeiras [editar]
-
Estandarte da época fatimí (909-1171)
-
Estandarte do Período dos Hafsíes (1230-1574)
-
Bandeira da República Islámica Árabe, dacordo con Tahar Belkhodja.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||