Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Gambia
 |
|
|
A bandeira de Gambia, deseñada por Pa Louis Thomasi, consiste en tres barras horizontais de cor vermella, azul e verde. As cores están separadas por franxas brancas. O vermello na parte superior simboliza o sol e a sabana. No centro, a color azul representa o río Gambia que cruza a nación. O verde simboliza a terra e os bosques. As franxas brancas representan a paz.
A bandeira foi oficialmente adoptada o 18 de febreiro de 1965, día da independencia do país do Reino Unido.
Bandeiras históricas [editar]
-
Bandeira da África Occidental Británica, de 1821 a 1888.
-
-
Bandeira do goberno británico, de 1965 a 1970.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: