Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Uganda
 |
|
|
A bandeira nacional de Uganda foi adoptada o 9 de outubro de 1962, data na que Uganda conseguiu a súa independencia do Reino Unido. A bandeira nacional consta de seis franxas horizontais alternadas de negro, amarelo e vermello, cun disco branco central no que se encontra unha grúa. O pabellón ten unha anchura á proporción de lonxitude de 2 a 3.
Buganda, un dos reinos de Uganda, é un dos poucos estados africanos que ten unha bandeira nacional propia; sen embargo, para evitar o emprego de calquera bandeira, símbolo ou tótem asociados a unha determinada zona, os británicos seleccionaron unha grúa de cresta gris (Ave nacional) como "tarxeta de identificación" para o seu uso polos británicos durante o seu dominio neste país e noutras bandeiras oficiais de Uganda.
A bandeira foi deseñada polo Ministro de Xustiza Ugandés Grace Ibingira.
[editar] Significado das cores
As tres cores son representativas das xentes de África (negro), o sol africano (amarelo) e a irmandade africana (o vermello sendo a cor do sangue, que conecta aos africanos).[1]
[editar] Bandeiras históricas
-
-
marzo de 1962 - 9 de outubro de 1962.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas