Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Alxeria
 |
|
|
A bandeira de Alxeria foi adoptada o 3 de xullo de 1962. Está composta por dúas metades, unha verde xunto á hasta e outra branca ao batente. Ao centro da bandeira sitúase unha media lúa minguante xunto a unha estrela de cinco puntas, ambas as de cor vermella. A cor branca representa a pureza, mentres o verde e a media lúa representan ao Islam.
Dise que esta bandeira foi utilizada por primeira vez polas tropas de Abdel Kadir no século XIX. Con todo, non hai probas concretas daquilo. O que si é claro que modelos semellantes foron usados pola Fronte de Liberación Nacional durante a Guerra de Independencia, e serían estes símbolos nos que se basearon os alxerinos para crear a súa bandeira nacional.
[editar] Outras bandeiras
-
Bandeira naval.
-
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas