Bandeira de Cabo Verde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Cabo Verde
Bandeira de Cabo Verde
Uso
FIAV 111111.svgFIAV normal.png
Proporción 3:5
Adopción 22 de setembro de 1992
Cores      Azul     Branco     Vermello     Amarelo

A bandeira de Cabo Verde foi adoptada o 22 de setembro de 1992. Consiste dun fondo azul cunha banda horizontal vermella de bordes brancos. As bandas teñen un radio de 6:1:1:1:3. Sobre as bandas atópase un círculo de 10 estrelas de 5 puntas, que se atopa centrada nun 3/8 ao ancho da bandeira.

As estrelas representan as 10 illas maiores do país, mentres o azul representa ao océano e ao ceo. As bandas brancas e vermella representan o camiño da construción do país, mentres que as cores representan á paz e ao esforzo, respectivamente. A formación circular das estrelas, así como tamén a escura cor azul de fondo, amosa algunha similitude coa bandeira da Unión Europea.

Antiga bandeira caboverdiá

Entre 1975 e 1992 a bandeira empregada era moi similar á bandeira de Guinea-Bissau, país co que existían incluso plans de unificación. A bandeira constaba de dúas franxas horizontais do mesmo tamaño e unha vertical coas cores pan-africanas: vermella, verde e marela. Na franxa vertical, a diferenza da de Guinea-Bissau, aparecían uns cultivos de millo e unha concha arredor da chamada "estrela negra africana". Esta bandeira tamén diferenciábase coa de Guinea-Bissau por ter unas dimensións de 2:3. A finais dos anos 1980, ambos países comezaron a distanciarse e Cabo Verde decidiu adoptar unha nova bandeira, que é empregada na actualidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]