Amaral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amaral
Amaral.JPG
Orixe Zaragoza, Aragón Flag of Aragon.svg, España Flag of Spain.svg
Período 1997 - actualidade
Xénero(s) Folk Rock
Selo(s) discográfico(s) Virgin, EMI
Membros Eva Amaral
Juan Aguirre
Web oficial www.amaral.es

Amaral é un conxunto musical zaragozano formado por Eva Amaral (vocalista e compositora) e Juan Aguirre (guitarra). O seu estilo musical poderíase denominar Folk Rock, pero fusionado con ritmos latinos, sintetizadores e con letras de alto contido poético.

Ata 2010, Amaral vendeu máis de 3 millóns de copias dos seus discos.

Membros[editar | editar a fonte]

Historia[editar | editar a fonte]

1997-2000[editar | editar a fonte]

O grupo Amaral nace o 1 de xaneiro de 1997. Eva Amaral como vocalista e compositora e Juan Aguirre como guitarrista e compositor. O nome do grupo é o apelido de Eva e foi elixido por Juan.

A súa historia data desde comezos dos anos 90, cando Eva e Juan se coñeceron nun estudio de gravación na cidade de Zaragoza. Eva por aquel entón tocaba cun grupo chamado Bandera Blanca e Juan co grupo Días de vino y rosas, que colaborou para o grupo de Eva nunha canción. Inmediatamente, abrollou unha estreita relación entre ambos. E o que comezou como un "xogo" de tocar, converteuse nunha realidade. No 1997 trasládanse de Zaragoza a Madrid. Ese mesmo ano firman con Virgin-EMI e o 18 de maio de 1998, sae á venda o seu primeiro álbum, de nome homónimo, baixo a produción de Pancho Varona. Cun disco na rúa, Amaral foise abrindo paso entre a escea musical e gañando seguidores por toda a xeografía española. O seu primeiro álbum lanzou 5 sinxelos: "Rosita", "Voy a acabar contigo", "No sé que hacer con mi vida", "Un día más" e "Tardes". Este álbum vendeu arredor de 70.000 exemplares.

2000-2002[editar | editar a fonte]

Eva Amaral durante unha actuación en directo da súa xira "Estrella de mar" (2002)

No ano 2000, despois de realizar unha xira de presentación co seu primeiro disco e facerse un espazo na escea musical do pop español, Amaral grava en Londres o seu segundo álbum, titulado Una pequeña parte del mundo, baixo a produción de Cameron Jenkins. Un disco máis maduro que contiña 13 cancións: 12 propias do grupo e unha versión da desaparecida Cecilia. Este segundo álbum lanzou 4 sinxelos: "Cómo hablar", "Subamos al cielo", "Cabecita loca" e "Cómo hablar (versión acústica)". Vendeu 50.000 exemplares.

2002-2004[editar | editar a fonte]

Dous anos máis tarde, Amaral entra de novo no estudo e novamente, baixo a produción de Jenkins, grava o seu terceiro álbum, de nome Estrella de mar, álbum que se convertiría no disco nacional máis vendido en España no 2002. Con el conseguiron unha grande cantidade de premios, entre os que destacan un MTV European Award ao mellor artista español e 5 premios da música. Tamén, con este disco, Amaral salta ao escenario internacional, ao ser editado no 2003, nunha nova versión, en América. Lanzou 6 sinxelos: "Sin ti no soy nada", "Te necesito", "Toda la noche en la calle", "Moriría por vos", "Estrella de mar" e "Salir corriendo". Vendeu 1.000.000 de exemplares.

No 2003, Eva Amaral lánzase ao mundo do cinema como protagonista dunha curtametraxe dirixida por Andreu Castro chamada Flores para Maika, no que dá vida a unha muller que morre en mans da súa parella. A canción "Salir corriendo" formou parte da BSO da película e coincidiu coa saída coma sexto sinxelo.

No verán do 2004, cando Amaral se dispoñía a gravar un novo disco, Juan sofre dunha lesión na súa man, o que causa, ademais do atraso na gravación, que a súa compañeira Eva teloneara a Bob Dylan, na súa xira por España, cantando varias cancións ela soa, e outras acompañada polo seu compañeiro musical, cunha harmónica, pois Juan Aguirre non podía tocar a guitarra por sufrir unha forte tendinite.

Finalmente en novembro dese ano, Eva e Juan parten a Londres onde no Eden Studios, baixo a produción de Cameron Jenkins, gravan o seu cuarto álbum, titulado Pájaros en la cabeza. Con 14 novas cancións, Eva e Juan regresan á música recargados de pop e rock nestas noevas cancións.

Eva Amaral, en concerto en Fuenlabrada, Madrid (2004)

2005-2006[editar | editar a fonte]

Pájaros en la cabeza sae á venda o 14 de marzo de 2005 e, en xuño, comeza a súa xira en Salamanca, que recorrería toda España, até mediados do mes de outubro en España, facendo escalas en México e Arxentina. Durante esta xira, Amaral detense o 15 de setembro en Barcelona para gravar o concerto e editalo en DVD, o cal sairía á venda o 28 de novembro dese mesmo ano baixo o nome de El comienzo del Big Bang.

Pájaros en la cabeza foi o disco máis vendido en España no 2005, segundo a SGAE [1].

O disco vendeu máis de 600.000 copias en todo o mundo e lanzou 5 sinxelos: "El universo sobre mí", "Días de verano", "Marta, Sebas, Guille y los demás", "Resurrección" e "Revolución". Ademais soaron na radio as colaboracións con Chetes e Moby). No verán do 2006, gravan unha versión do tema "Si tú no vuelves", orixinal de Miguel Bosé, ao carón do mexicano Chetes. Esta canción formou parte da banda sonora da película mexicana "Efectos secundarios". En setembro do 2006, Pájaros en la cabeza foi reeditado en México na versión orixinal CD+DVD, incluindo "Si tú no vuelves", que apareceu como 4º sinxelos para este país.

En decembro do 2006, Amaral lanzou ao mercado unha edición especial de toda a súa discografía, incluindo Amaral, Una pequeña parte del mundo, Estrella de mar, Pájaros en la cabeza e o DVD El comienzo del Big Bang, baixo o título de Amaral Edición Especial Navidad, a cal inclúe as partituras de tódalas cancións, así como material extra para os fans. Vendeu 40.000 copias.

2007[editar | editar a fonte]

Durante o ano 2007, Eva e Juan preparan devagar a composición de novas cancións, que han formar parte do seu novo disco.

2008[editar | editar a fonte]

Eva e Juan comezaron o ano cunha versión de "A Hard Rain's a-Gonna Fall" de Bob Dylan, canción promocional para a exposición internacional Expo Zaragoza 2008 que se celebrará en Zaragoza. A súa versión chámase "Llegará la tormenta". Eva e Juan fixeron un concerto improvisado o día 3 de marzo cara as 23 horas na Praza de España de Zaragoza, sen escenario e sobre la beirarrúa, inmediatamente despois da saída á venda das entradas do concerto que terá lugar no Pavillón Príncipe Felipe de Zaragoza o 12 de xuño. Era unha maneira de agradece-lo apoio aos seus seguidores máis fieis. Neste breve concerto rueiro, Amaral tocaron en directo por primeira vez "Llegará la tormenta".

O 27 de maio de 2008 sae á venda o quinto álbum de estudo do dúo zaragozano ao que titularon Gato negro◆Dragón rojo, con 19 cancións e que ten como primeiro sinxelo "Kamikaze". Outra canción incluída no álbum é "El artista del alambre" que Eva e Juan escribiron para a película Fuera de Carta.

O grupo zaragozano xa confirmou que o seu primeiro concerto da xira 2008 será na súa terra, en Zaragoza, e será durante a inauguración da Expo 2008 que se celebra nesta cidade.

Ademais, participaron o 27 de xuño participarán nun concerto benéfico, organizado pola Fundación 46664, que se realizou en Hyde Park (Londres), onde Amaral compartiu cartel con grupos como Simple Minds, Annie Lennox, Queen (con Paul Rodgers), Sugababes, Razorlight, e Zuccero entre outros artistas. Os beneficios destináronse á loita contra o sida.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

DVDs[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Premio
2002 Mellor grupo Español MTV Europe Music Awards
2003 Mellor autor revelación Premios da Música
2003 Mellor artista revelación Premios da Música
2003 Mellor canción por "Sin ti no soy nada" Premios da Música
2003 Mellor canción de pop por "Sin ti no soy nada" Premios da Música
2003 Mellor álbum pop por "Estrella de mar" Premios da Música
2005 Mellor álbum por "Pájaros en la cabeza" Premios da Música
2005 Mellor videoclip por "Días de verano" Premios da Música
2005 Mellor canción por "Días de verano" Premios da Música
2005 Mellor álbum por "Pájaros en la cabeza" Premios Ondas da Música
2005 Mellor Grupo Premios EñE
2005 Mellor Álbum por "Pájaros en la cabeza" Premios EñE
2005 Mellor difusión da música aragonesa Premios da Música Aragonesa
2008 Mellor grupo Español MTV Europe Music Awards
2008 Mellor canción por "Kamikaze" Premios Ondas da Música
2009 Mellor grupo Premios da Música Aragonesa
2009 Mellor Directo Premios da Música Aragonesa
2009 Mellor álbum por "Gato negro-Dragón rojo" Premios da Música
2010 Premio á Mellor Produción Musical Audiovisual Premios da Música
2010 Premio ao Mellor Directo Premios da Música Aragonesa
2010 Premio Nacional das Músicas Actuais Ministerio de Cultura de España

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]