Annie Lennox
| Annie Lennox | |
|---|---|
Annie Lennox cos Eurythmics, Rock am Ring 1987 |
|
| Información | |
| Orixe | Aberdeen, (Escocia), Escocia |
| Período | 1977- |
| Xénero(s) | Música electrónica, Pop |
| Selo(s) discográfico(s) | {{{selo}}} |
| Membros | {{{membros}}} |
| Antigos membros | {{{antigos_membros}}} |
| Web oficial | {{{web}}} |
Nena prodixio, frecuentou unha escola para nenos superdotados. Estudou tamén frauta traveseira na Royal Academy of Musica de Londres.
Annie Lennox acadou a popularidade despois de cantar durante tres anos cos The Tourist (cos que fixo 3 LP). Nos anos oitenta entre Annie e o guitarrista do grupo, Dave Stewart, nace unha relación sentimental e os dous deciden deixar o grupo para crearen un novo: Eurythmics. No inicio da carreira dos Eurythmics, Lennox era coñecida polo seu xeito de vestir andróxino. Moitos xornalistas referíanse a ela como a Grace Jones branca. En 1991, tras a ruptura con Dave Stewart, deu inicio a unha longa carreira de solista con igual éxito.
O seu primeiro álbum solista de 1992, Diva, foi un éxito de crítica e vendas: o seu éxito continuou grazas aos singles extraidos de Diva, con numerosos premios e unha banda sonora para o film Dracula de Francis Ford Coppola de 1992. no mesmo ano participou tamén no Freddy Mercury Tribute Concert facendo duetos con David Bowie na canción "Under Pressure". Medusa é publicado tres anos despois que Diva e obtivo bos resultados de venda. En 1997 Annie gravou novamente a canción dos Eurythmics "Angel" en homenaxe a Diana de Gales. En 1998 volve establecer contacto con Dave Stewart e en 1999 os renacidos Eurythmics producen o álbum Peace. En 2003 publica o seu terceiro disco solista: Bare.
En 2004, Lennox gañou o Oscar na categoría de mellor canción (Academy Award for Best Song) por Into The West do film "The Lord of the Rings: The Return of the King". En xullo de 2005, Annie Lennox participou no Live 8 en Hyde Park, Londres. En 2007 publica o álbum Songs of Mass Destruction.
Annie Lennox ten dúas fillas e divorciouse dúas veces.
Discografía como solista [editar]
Singles [editar]
- 1988 Put A Little Love In Your Heart (con Al Green)
- 1992 Why (1992 single)
- 1992 Precious
- 1992 Walking On Broken Glass
- 1992 Cold (1992 single)
- 1993 Little Bird
- 1993 Love Song For A Vampire
- 1995 No More 'I Love You's'
- 1995 A Whiter Shade Of Pale
- 1995 Waiting In Vain
- 1995 Something So Right (con Paul Simon)
- 2003 Pavement Cracks
- 2004 1000 Beautiful Things
- 2004 Wonderful
- 2007 Sing feat. Madonna