Juan Aguirre
| Juan Aguirre | |
|---|---|
| Nome completo | Juan Vicente García Aguirre |
| Alias | |
| Naceu | 11 de febreiro de 1970 (43 anos) |
| Orixe | Donostia, País Vasco España |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | Músico |
| Xénero | Pop-Rock |
| Instrumento(s) | Guitarra |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | Amaral |
| Tempo en activo | 1997 - actualidade |
| Web | http://www.amaral.es |
Juan Vicente García Aguirre, máis coñecido como Juan Aguirre, (Donostia, Guipúscoa, País Vasco, 11 de febreiro de 1970), é un guitarrista español, compoñente do conxunto zaragozano Amaral.
Índice |
Traxectoria [editar]
Viviu os seus primeiros anos no barrio de Gros de Donostia-San Sebastián (País Vasco, España), tras os que marchou a Zaragoza (Aragón).
Foi guitarrista nunha banda de Pop-Rock de tintes psicodélicos chamada Días de vino y rosas, que editou só un disco no ano 1990, de nome homónimo ao grupo. En 1993 coñece a Eva Amaral, con quen forma o grupo Amaral. Durante 5 anos, adícanse a compoñer e tocar en pequenas salas de Zaragoza. Até 1997, trasládase xunto a Eva a Madrid, e ese mesmo ano firman con Virgin-EMI para gravar o seu primeiro material discográfico.
Ao ano seguinte, sae ao mercado o primeiro álbum do grupo, titulado Amaral.
Ata a actualidade han gravaron cinco discos con gran éxito, converténdose nun dos grupos españois de maior éxito dentro e fora das nosas fronteiras.
Durante a xira de Pájaros en la cabeza, Juan tamén cantaba. Concretamente "Tardes", que foi composta por el e incluída no primeiro disco.
No 2008, Eva e Juan versionaron "A Hard Rain's a-Gonna Fall" de Bob Dylan, canción promocional para a exposición internacional que se celebrará en Zaragoza. A súa versión chámase "Llegará la tormenta".
Discografía [editar]
Álbums [editar]
| * | Amaral | (1998) |
| * | Una pequeña parte del mundo | (2000) |
| * | Estrella de mar | (2002) |
| * | Pájaros en la cabeza | (2005) |
| * | Gato negro◆Dragón rojo | (2008) |
DVDs [editar]
| * | El comienzo del Big Bang | (2005) |