Cecilia (cantante)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCecilia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Evangelina Sobredo Galanes Editar o valor em Wikidata
11 de outubro de 1948 Editar o valor em Wikidata
El Pardo, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte2 de agosto de 1976 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Colinas de Trasmonte, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Accidente de tráfico Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesCecilia Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautora , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1966 Editar o valor em Wikidata - 1976 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
TesituraMezzosoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz e guitarra acústica Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiJosé Ramón Sobredo Rioboo Editar o valor em Wikidata

Páxina webcecilianet.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1748786 Musicbrainz: 5159bca1-dccc-4a88-a9ce-df8879ca82e5 Songkick: 43082 Discogs: 764527 Allmusic: mn0000740186 Find a Grave: 7319272 Editar o valor em Wikidata

Evangelina Sobredo Galanes, nada en El Pardo (Madrid) o 11 de outubro de 1948 e finada en Colinas de Trasmonte (Provincia de Zamora) o 2 de agosto de 1976[1], foi unha cantautora española, máis coñecida como Cecilia. Acadou sona con cancións como "Un ramito de violetas", "Mi querida España" ou "Dama, dama".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi a quinta dos oito fillos do militar e diplomático ferrolán José Ramón Sobredo Rioboo (1909-1990), e da viguesa María Dolores Galanes Saavedra, «Lolocha». Por mor do oficio do seu pai tivo unha infancia itinerante, e viviu no Reino Unido, Estados Unidos, Portugal, Alxeria e Xordania. Comezou a tocar a guitarra e a cantar cunha monxa estadounidense. Aprendeu inglés ao tempo que o castelán, e as súas primeiras cancións foron nos dous idiomas, decantándose finalmente por este último. De regreso a España comezou os estudos de Dereito, pero decidiu abandonalos e dedicarse por completo á música. As súas letras teñen un fondo poética e literario, e adscríbense a correntes existencialistas e á canción protesta feminista. Mantivo unha relación afectiva co tamén músico Luis Gómez-Escolar, con quen colaborou nalgúns traballos.

O 2 de agosto de 1976, sobre as 5:40 horas da madrugada, Cecilia morreu nun accidente de tráfico na estrada N-525 na aldea de Colinas de Trasmonte, a 13 km de Benavente (Zamora). Regresaba tras un concerto esa mesma noite na Sala Nova Olimpia de Vigo, cando o seu automóbil, un Seat 124 matrícula M-2342-AX, bateu coa parte posterior dun carro tirado por bois que circulaba sen luces[2] nun tramo de vía urbana non iluminado. Ía durmida e morreu de forma instantánea. Acompañábana os seus tres músicos, finando o batería, Carlos de la Iglesia, amais dos dous ocupantes do carro.

Está soterrada no Cemiterio da Almudena.

Carreira musical[editar | editar a fonte]

En Madrid comezou a tocar e cantar cancións en inglés en colexios maiores. En 1970 gravou o sinxelo Expresión canda a Ignacio Sáez de Tejada (Nuestro Pequeño Mundo), que incluía as cancións "Try catch the sun" e "Have you ever had a blue day?". En 1971 firmou un contrato coa multinacional CBS, que acababa de instalarse en España. Adoptou o nome artístico de Cecilia polo tema homónimo de Simon and Garfunkel. Gravou o seu primeiro sinxelo en solitario coas cancións "Mañana" e "Reuníos", esta última adicada a The Beatles, que viñan de separarse.

En 1975 representou a España no Festival da OTI.

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Murió en accidente la cantante Cecilia". El Pueblo Gallego. 3 de agosto de 1976. p. 10-11. 
  2. "La cantante Cecilia muere en accidente de tráfico", artigo en ABC, 3 de agosto de 1976 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]