Eva Amaral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eva Amaral
Evaamaral.jpg
Nome completo Eva María Amaral Lallana
Naceu 4 de agosto de 1973 (40 anos)
Orixe Zaragoza, Aragón Flag of Aragon.svg
Ocupación (s) Música
Xénero Pop-Rock
Instrumento(s) Voz, guitarra, harmónica
Relacionado con Amaral
Tempo en activo 1997 - actualidade
Web http://www.amaral.es

Eva María Amaral Lallana, nada en Zaragoza o 4 de agosto de 1973, é unha cantante de música pop, integrante do grupo Amaral.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dende nova, sempre estivo interesada pola música. Comeza os seus estudos de escultura na Escola de Artes de Zaragoza. Ao mesmo tempo, formaba parte dunha agrupación chamada "Bandera blanca", na que Eva tocaba a batería. Un día, no ano 1993, Eva coincidiu no estudo de gravación, ao cal foi gravar unha maqueta co seu grupo, co guitarrista Juan Aguirre, quen pertencía ao grupo "Días de vino y Rosas". Juan quedou tan impresionado coa asombrosa voz de Eva, que inmediatamente conxeniaron en canto a ideas musicais.

Tempo despois, Eva e Juan decidiron facer a súa propia música. Crear un grupo cun novo estilo de música, que mesturara pop con rock e flamenco. Así foi como xurdiu o dúo Amaral. O nome do grupo foi idea de Juan, quen tomou o apelido de Eva, a pesar de que ela nun principio non o aceptaba. Comezaron tocando en bares e garitos da súa natal Zaragoza e unha vez conquistada a súa terra, xuntaron un grupo de músicos e decidiron probar sorte trasladándose a Madrid en 1997.

Ese mesmo ano, Eva e Juan asinan con Virgin Records para gravar o seu primeiro material discográfico. Así, desde 1998 e até a actualidade, Eva Amaral, xunto a Juan Aguirre, dedicáronse a realizar música. Gravaron 4 discos con grande éxito e un total de un millón e medio de copias vendidas en todo o mundo. Convertéronse nun dos grupos españoles de maior éxito dentro e fóra das nosas fronteiras.

En 2002 Lenny Kravitz escolleunos como teloneros para varios dos seus concertos. O mesmo ano colaboraron coa causa do Prestige, incluíndo o seu tema Rosa de la Paz nun disco para recaudar fondos e interpretándoa nunha multitudinaria manifestación de Nunca Máis en Madrid.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Amaral (1998)
  • Una pequeña parte del mundo (2000):
  • Estrella de mar (2002)
  • Pájaros en la cabeza (2005)
  • Gato Negro-Dragón Rojo (2008)
  • Hacia lo salvaje (2011)