Also sprach Zarathustra (Strauss)
| Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. |
Así falou Zarathustra, Op. 30 (titulada orixinalmente Also Sprach Zarathustra en alemán) é un poema sinfónico composto polo alemán Richard Strauss no ano 1896. O autor inspirouse na obra homónima do filósofo Friedrich Nietzsche. A obra estreouse en Frankfurt. O poema sinfónico dura aproximadamente 40 minutos.
A obra foi parte do repertorio clásico desde a súa estrea en 1896. A fanfarria inicial (titulada "Amencer" nas notas do programa do compositor)[1] popularizouse co seu uso na película de Stanley Kubrick, de 1968, 2001: A Space Odyssey.
Índice |
Instrumentación[editar]
|
|
Estrutura[editar]
Unha representación típica dura 40 minutos (segundo versións), e está dividida en nove seccións interpretadas en tres momentos diferenciados. Strauss denominou as secciones segundo capítulos seleccionados no libro:
- Einleitung (Introdución)
Tema universalmente coñecido, exposto en principio pola trompeta. Representa a saída do sol (Sonnenaufgang) e xoga cos modos maior e menor. Termina cunha afirmación do acorde de Do maior no que o órgano se queda só.
- Von den Hinterweltlern (Dos trasmundanos)
Aproximadamente ao minuto e medio.
Iniciase cunha cita do Credo in unum Deum gregoriano. Inmediatamente despois da introdución, abren os contrabaixos en trémolo, logo o corno francés brinda unha antesala a violas e cellos quen van transmitindo o tema a toda corda, despois dun intenso momento volve a calma e o tema morre cun pequeno solo da viola.
- Von der großen Sehnsucht (Do grande anhelo)
Aproximadamente ao minuto 5:00.
A arpa cun arpegio e un fino acorde de violíns mostran un cambio repentino da obra, logo o corno inglés intenta recordar o tema da introdución; unha abrupta intromisión dos contrabaixos rompe a tensión e contaxia a orquestra enteira, advírtese a participación activa do órgano; a trompeta reexpón o tema da introdución e dánse unha serie de trémolos ascendentes desde os contrabaixos até os violíns que culminan nunha potente escala do piccolo.
- Von den Freuden und Leidenschaften (Das alegrías e das paixóns)
Aproximadamente ao minuto 6:30.
Despois da escala do piccolo, violíns en unísono co corno francés interpretan unha longa melodía, mentres a orquestra tende un tapete de axitación, logo os violíns despréndense e continuan sós o seu camino até atoparse coa enérxica intervención dos trombóns, o cal, impulsa a resolución do episodio, os trombóns e algúns arpexios descendentes da arpa marcan o final do episodio.
- Das Grablied (A canción dos sepulcros)
Aproximadamente ao minuto 8:40.
A atmosfera cambia, o óboe e logo o corno inglés anuncian o nuevo episodio abríndolle paso ao "solo" de concertino, quen se funde cos demais violíns interpretando unha melodía no rexistro agudo, máis adiante a orquestra entra nunha escena sombría até chegar a un pianíssimo; un solo de clarinete anuncia o final do episodio que culmina cun solo de cello.
- Von der Wissenschaft (Da ciencia)
Aproximadamente al minuto 11:00.
Situados nun ambiente sombrio, os contrabaixos inician unha fuga lenta e en pianíssimo, xogando co tema principal da introdución, pouco a pouco cellos e fagot intégranse á fuga. A atmosfera sombria mantense até ser interrompida por arpegios de arpa e os violíns no rexistro agudo. Un solo do corno inglés co tema da introdución reanima a orquestra cun forte que culmina o episodio.
- Der Genesende (O convalecente)
Aproximadamente ao minuto 14:40.
Cun solo de trombón apoiado por cellos e contrabaixos exponse o tema da fuga do episodio inmediatamente anterior, marcando así o inicio deste episodio cun intento de fuga, a axitación da orquestra aumenta e séguese un tutti en fortíssimo co tema principal da introdución da obra. Acto seguido retorna un ambiente sombrío co clarinete baixo e o contrafagot que dan paso a un xogo de trinos nas madeiras, sobre os que se enlazan unha serie de diálogos entre o concertino e o cello solista; logo séguense unha serie de unisonos e escalas da corda que indican o final do episodio.
- Das Tanzlied (A canción do baile)
Aproximadamente ao minuto 20:00.
A trompeta expón o tema da introdución, sobre un tapede de trinos tendido polas frautas, é unha pasaxe calma, logo xogando co tema da trompeta a corda dálle paso ao principal solo de violín concertino que ten a obra, este, apoiado polo seu compañeiro de atril; dito solo a dobre corda, é unha especie de vals ou danza; logo o tema desenvólvese por toda a orquestra con predominio do concertino. Un tutti en fortíssimo dá fin ao episodio e lígao co seguinte.
- Nachtwandlerlied (Canción do sonámbulo)
Aproximadamente ao minuto 28:00.
Doce badaladas indican o comezo do episodio, as cales van sendo amplificadas pola orquestra que pouco a pouco vai chegando á tranquilidade achegándose ao final da obra que culmina cun solo agudo de violín e frauta, acompañado do pizzicato dos contrabaixos. A obra termina nun murmullo, contrapoñendo os acordes de Do maior 5 dis (Divinidade, no metal) e Si maior (Humanidade, nas frautas e violíns).
Discografía[editar]
- 1944 Richard Strauss / Orquestra Filharmónica de Viena - Preiser[2]
- 1950 Clemens Krauss / Orquestra Filharmónica de Viena - Decca/Testament
- 1954 Fritz Reiner / Orquestra Sinfónica de Chicago - RCA[3]
- 1958 Karl Böhm / Orquestra Filharmónica de Berlín - DG
- 1959 Herbert von Karajan / Orquestra Filharmónica de Viena - Decca[4]
- 1971 William Steinberg / Orquestra Sinfónica de Boston - DG
- 1971 Rudolf Kempe / Staatskapelle Dresden - EMI
- 1973 Herbert von Karajan / Orquestra Filharmónica de Berlín - DG
- 1996 Georg Solti / Orquestra Filharmónica de Berlín- Decca
Notas[editar]
- ↑ LA Philharmonic Piece Detail
- ↑ Primeira gravación da obra
- ↑ Primeira gravación estereofónica
- ↑ Gravación utilizada na banda sonora de 2001: A Space Odyssey