Alba de Groria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alba de Groria é un coñecido discurso de Castelao co gallo do Día da Patria Galega de 1948 no Centro Galego de Bos Aires.

Dadas as circunstancias históricas nas que se fixo —posguerra civil, exilio do galeguismo— e a talla histórica do seu autor, a significación deste discurso vai máis alá da celebración dun 25 de xullo concreto senón que é visto polo nacionalismo galego coma probablemente o documento que mellor reflicte as aspiracións e ideais deste movemento.

A primeira frase do discurso, Se no abrente deste día úsase entre nacionalistas tanto para referirse a este texto coma para referirse en xeral ás arelas do nacionalismo galego.

Os dous primeiros parágrafos xa foran escritos un ano antes e forman parte do cap. I do cuarto libro de Sempre en Galiza. Lembraba así Castelao o discurso que pronunciara Otero Pedrayo "nun teatro de Vigo, van alá dezaseis anos".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Monteagudo, H. (Coordinador): Obras [Castelao], vol. 2. Galaxia, Vigo 2000.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]