Milicianos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Milicianos é o título do terceiro dos tres álbums da guerra que publicou Castelao, en 1938, no seu labor en defensa da República e como homenaxe ó valor e xenerosidade dos soldados.

O álbum foi editado en Nova York, en agosto de 1938 pola Fronte Popular Antifascista Galego, e está formado por once estampas debuxadas a tinta chinesa. En cada unha delas hai un breve título en galego, manuscrito polo autor, ampliado polo editor co mesmo texto en castelán e en inglés. Foi reeditado por Akal en 1976, nun facsímile que popularizou o álbum en España.

O propio Castelao explica así a razón de ser do álbum:

Estas estampas relembran os primeiros meses da guerra cando a heroica tolería do pobo coutou a marcha dos militares e deunos tempo para crear o Exército da República.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • MONTEAGUDO, Henrique (2000): "Castelao: a fábula da súa vida", en Obras [Castelao] (Henrique Monteagudo, coord.), Galaxia, Vigo 2000.
  • CASTELAO: Milicianos por Castelao, Akal Editor, Madrid 1976.