Álbum Nós
Nós é un álbum de 49 estampas realizadas por Castelao entre 1916 e 1918, estampas que amosan un gran realismo e preocupación polas condicións de vida do pobo. Inclúe ademais un autorretrato.
Índice |
Contidos [editar]
O contido do álbum apareceu primeiro en exposicións, a primeira na Coruña do 2 ao 22 de marzo de 1920. Posteriormente, expúxose nese ano en Madrid (setembro) e Ourense (novembro), en Vilagarcía de Arousa (finais de 1921), Monforte de Lemos (febreiro de 1922), Ferrol (abril), Pontevedra (maio e xuño), Barcelona (xaneiro de 1923), Vigo (xuño) e Santiago de Compostela (abril e maio de 1924).
A exposición do álbum Nós deu pé a numerosas conferencias e actos culturais ó seu redor nas cidades onde se presentou. No caso da presentación en Santiago serviu de feito para o recoñecemento oficial do Seminario de Estudos Galegos, coa presenza do máis selecto da intelectualidade galega e do propio arcebispo de Santiago, Manuel Lago.
En 1931 editouse en libro, no prelo de Hauser y Menet de Madrid, cunha moi boa calidade. E en 1975, a editorial Akal, tamén de Madrid, publicou unha edición facsimilar.
No prólogo, asinado por Castelao en 1931, este insiste na actualidade da mensaxe que quixo transmitir con esta serie de láminas:
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- CASTELAO (1931): Nós, Akal, Madrid 1975.
- MONTEAGUDO, Henrique (2000): "Castelao: a fábula da súa vida" en Para ler a Castelao 2. Estudios sobre a obra escrita, Galaxia, Vigo 2000.
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||||||||||||||||