Doma y castración del Reino de Galicia
A expresión "Doma y castración del Reino de Galicia" referida por Castelao como orixinaria de Zurita é un dos mais fecundos lugares comúns da historia de Galiza.
Índice |
[editar] Historia da expresión
A expresión, parte dun discurso parlamentar sobre o Proxecto de Constitución, era a seguinte:
Embora ese sexa o primeiro uso da expresión rexistado, é o comentario feito en Sempre en Galiza o que marcaría a xeracións de galeguistas:
"Escoitade o que di Santillana: "..non há mucho tiempo cualesquier decidores é trovadores destas partes, agora fuesen castellanos, andaluces o de la Estremadura, todos sus obras componian en lengua gallega o portuguesa". Foi preciso executar a "doma y crastración de Galicia" para que enmudéceramos; pero a nosa lingoa sigueu frorecendo en Portugal, e o pobo galego non quixo esquecela."[2]
Tanto o ambiguo do texto, como as interpretacións posteriores, darían lugar a unha confusión en que se xuntaron nun único acto de "doma y castración" un conxunto de feitos separados e que non todos foran influenciados polos reis Católicos:
- O declinio da literatura galego-portuguesa de arredor do ano 1350
- A centralización administrativa e o control do Reino de Galiza que se dá como finalizada, esta sí, coa viaxe a Santiago de Compostela dos Reis Católicos en 1486.
- A asunción do Castelán como lingua das clases altas e da administración comezada xa no século XIII e que foi avanzando paulatinamente en diversos campos e ainda non rematou.
[editar] Notas
- ↑ X. L. García: Castelao, Otero Pedrayo, Suárez Picallo, Villar Ponte. Discursos parlamentarios (1931-1933), Sada-A Coruña, 1978, pág. 16. Resaltado propio
- ↑ A. Rodríguez Castelao: Sempre en Galiza, 2ª edición Galaxia, Vigo, 1986, páxina 47
- ↑ Anais da coroa de Aragón, Libro XX, Capítulo LXIX.