Cincoenta homes por dez reás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cincoenta homes por dez reás
Autor/aAlfonso Daniel Rodríguez Castelao
Lingualingua galega
Data de pub.1925
editar datos en Wikidata ]

Cincoenta homes por dez reás é o título dunha colección de láminas de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao publicadas na Coruña en 1925 (1ª edición), 1931 (2ª ed), as dúas nos talleres de Nós. Consta de 50 debuxos realizados coa mesma técnica das Cousas da vida, cun pé descritivo aínda cunha segunda intención satírica, do personaxe debuxado. Por exemplo: "O home que non sabe porqué a balanza é un símbolo da xusticia". Foi traducida ao castelán.[1]

Castelao prologa o libro poñendo a atención no baratos que resultan moitos homes ("eu daríavos mil homes polo mesmo diñeiro") partindo da cantiga popular

Alabado sexa Dios
que xa veu a barateza
Os homes van a real
¡Catro por unha peseta!

A terceira edición publicouna a Editorial Galaxia en 1969.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cincuenta hombres por dos pesos". Biblioteca de tradución galega. Arquivado dende o orixinal o 25/09/2019. Consultado o 5/7/2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]