Atila en Galicia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atila en Galicia é o título do segundo dos tres álbums da guerra que publicou Castelao, en 1937, no seu labor en defensa da República e como denuncia internacional da represión que estaba sufrindo Galicia por parte dos feixistas.
Índice |
Contido e características [editar]
O álbum foi editado en Valencia en xullo de 1937 polo Comité Nacional da Confederación Nacional de Trabajadores, e está formado por dez estampas debuxadas a tinta chinesa. En cada unha delas hai un breve título en galego, manuscrito polo autor, ampliado polo editor co mesmo texto en castelán, francés, inglés e sueco. Foi reeditado por Akal en 1978, nun facsímile que popularizou o álbum en España.
O propio Castelao explica así a razón de ser do álbum:
Moitas veces os mártires crean mundos que os herois nin tansiquera son capaces de concebir. E na miña Terra complirase a vontade dos mártires.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Bibliografía [editar]
- MONTEAGUDO, H. (2000): "Castelao: a fábula da súa vida", en Obras [Castelao] (Henrique Monteagudo, coord.), Galaxia, Vigo 2000.
- CASTELAO: Atila en Galicia. Estampas por Castelao, Akal Editor, Madrid 1978.
|
||||||||||||||||||||||