Virxinia Pereira Renda
Virxinia Pereira Renda, nada na Estrada o 19 de outubro de 1884 e morta en Madrid en 1969, foi a muller de Castelao.
Índice |
Traxectoria [editar]
Era filla de Camilo Pereira Freijende (Ourense) e Peregrina Renda López (Pontevedra), unha familia acomodada da Estrada.
Coñeceu a Castelao namentres este estudaba Medicina en Santiago, cara a 1909, e casounos o seu amigo Antonio Rey Soto, o 19 de outubro de 1912, na igrexa parroquial da Estrada (San Paio). Tiveron un único fillo, Afonso Xesús, nacido o 30 de xaneiro de 1913 e morto con apenas 15 anos de idade, o 3 de xaneiro de 1928, a consecuencia dunha peritonite.
Existe en Bos Aires un colectivo de mulleres galegas na emigración, nomeada Herbas de Prata, que concede un recoñecemento co nome de Virxinia Pereira, co obxectivo de homenaxear o traballo anónimo das mulleres galegas que co seu labor privado contribuíron ao desenvolvemento das súas familias e souberon sementar neles o amor e o respecto pola súa orixe galega[1].
Segundo unha revista editada polo Centro Cultural del Partido de La Estrada (de Bos Aires) en 1986, os restos mortais de dona Virxinia Pereira e do seu fillo Afonso foron trasladados ese ano ó cemiterio de Figueiroa, na Estrada.
Notas [editar]
- ↑ "Herbas de Prata busca dúas galegas sobranceiras para o día da muller", post no blog De mujeres y mujeres en la historia, 22 de febreiro de 2009.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Paz Andrade, V.: Castelao na luz e na sombra, Ed. do Castro, Sada 1982.
- Arca Caldas, Olimpio (1999). "As dúas mulleres de Castelao". A Estrada: Miscelánea histórica e cultural (2): 9-47. http://dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/99/1/A%20ESTRADA%202-Arca%20Caldas,%20Olimpio.pdf.
Ligazóns externas [editar]
- Galicia espallada. Nesta web pode verse unha fotografía do matrimonio
- Unión Estradense (Bos Aires)
- Debuxo de Castelao da súa voda (no Museo de Pontevedra)
|
||||||||||||||||||||||