Federación de Fútbol de Australia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| AFC | |
|---|---|
| Fundación | 1961 |
| Afiliación á FIFA | 1963 |
| Afiliación á AFC | 2006 |
| Sitio web | http://www.footballaustralia.com.au/ |
| Presidente | Frank Lowy |
A Federación de Fútbol de Australia (en inglés: Football Federation Australia) (FFA) é o organismo encargado da organización do fútbol en Australia. Foi fundada en 1961, aínda que antes de 2005 chamouse Australian Soccer Association (ASA). Encárgase de de a Selección de fútbol de Australia nas súas distintas categorías.
Está afiliada á FIFA desde 1963 e á Confederación Asiática de Fútbol (AFC) desde 2006, aínda que anteriormente pertenceu á Confederación de Fútbol de Oceanía (OFC), da que foi membro fundador.
Índice |
Organización [editar]
A FFA está integrada por distintas federacións que rexen o fútbol en cada un dos estados de Australia, excepto en Nova Gales do Sur, onde existen dúas federacións (norte e sur):
- Football Federation Victoria (Estado de Victoria)
- Capital Football o Australian Capital Territory Football Federation (Territorio da Capital Australiana)
- Football Federation Northern Territory (Territorio do Norte)
- Football Queensland (Estado de Queensland)
- Football Federation of South Australia (Estado de Australia Meridional)
- Football West (Estado de Australia Occidental)
- Football Federation Tasmania (Estado de Tasmania)
- Football New South Wales (Centro y sur del Estado de Nova Gales do Sur)
- Northern New South Wales Football (Norte de Estado de Nova Gales do Sur)