Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Major League Soccer é a liga profesional de fútbol en Norteamérica. Fundada en 1993, actualmente a MLS está composta por 19 equipos, 16 deles de Estados Unidos, e outros 3 de Canadá. Nesta liga non existen acensos nin descensos, pois é unha liga pechada entre franquías. En 2011 a IFFHS situou á MLS no posto 52º da clasificación das ligas mais fortes do mundo, ocupando así o 2º posto entre as ligas de fútbol da zona Concacaf.
A creación da MLS foi incluida na candidatura de Estados Unidos para organizar o Campionato do Mundo de Fútbol de 1994. Unha vez elexida pola FIFA a candidatura proposta pola Federación de Fútbol de Estados Unidos, ésta tivo que cumprir a súa promesa. A primeira tempada da MLS comezou o 6 de abril de 1996 con 10 equipos divididos en 2 conferencias (Este e Oeste). Os 10 equipos disputaron unha tempada regular de 32 xornadas, seguida duns playoffs nos que se decidiu o título de campión.
Nos seguintes anos o número de equipos que compoñen a liga foi crecendo ós poucos, ata chegar ós 18 equipos que actualmente compiten cada ano polo campionato.
O equipo campión recibe a MLS Cup. O DC United é o equipo máis laureado da competición con 4 MLS Cups no seu palmarés. Sen embargo, o equipo que mais finais disputou foi o LA Galaxy (7).
Os 18 equipos da MLS son franquías propiedade da liga, aínda que son dirixidos por co-propietarios. Os xogadores negocian e asinan os seus contratos coa liga, non co seu equipo. En cada unha das dúas conferencias hai 8 equipos estadounidenses e 1 equipo canadense. Tódolos equipos da liga teñen un límite salarial, o que quere dicir que non lle poden pagar ós xogadores unha cantidade superior ó límite marcado. En 2007 o regulamento foi cambiado para permitir que cada equipo poida ter 3 excepcións, é dicir, que cada equipo poida ter 3 xogadores designados que teñen un soldo superior por considerar que son xogadores estrelas. O troco no regulamento veu motivado pola fichaxe de David Beckham polos LA Galaxy. Actualmente o xogador mellor pagado da liga é o inglés David Beckham (6.500.000 $), seguido polo francés Thierry Henry (5.600.000 $).
O líder da táboa cando remata a tempada regular, e mailo equipo que gaña na final, son equipos que teñen dereito a disputar a Liga de Campións da Concacaf na seguinte tempada, sempre que non sexan canadenses, xa que os equipos canadenses acadan o dereito a clasificarse para competicións continentais a través da súa propia competición nacional. Hai outras dúas prazas para disputar a fase previa da Liga de Campións, que son para o equipo que perde na final, e para o equipo que gaña na competición copeira, unha competición na que compiten os equipos da MLS con outros equipos estadounidenses.
Conferencia Leste
Conferencia Oeste
Táboa histórica 1996-2010 [editar]
A táboa histórica da MLS está liderada por aqueles equipos que en 1996 foron membros fundadores da competición. Nesta táboa hai 2 equipos que desapareceron trala tempada 2001 (Tampa Bay Munity e Miami Fusion), e outro equipo que ten previsto debutar na tempada 2012 (Montreal Impact). O número 1 desta táboa é o Los Angeles Galaxy, o que quere decir que dende o nacemento la MLS en 1996 ten sido o equipo mais regular da competición, o cal se confirma no dato de que é o equipo con mais finais disputadas, 7. Na segunda posición está o DC United, que é o equipo con mais títulos no seu palmarés, 4, pero que nos últimos anos ten feitos tempadas pouco salientables. Precisamente os 2 equipos que ocupan as primeiras posición na táboa histórica la MLS, son os 2 únicos equipos da liga que teñen acadado nalgunha ocasión a vitoria final na Liga de Campións da Concacaf, a máxima competición continental de fútbol que se disputa en Norteamérica.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]