Central Coast Stadium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Central Coast Stadium
Bluetongue CC Stadium.jpg
Datos
Localización Gosford, Nova Gales do Sur Australia Australia
Construción
Inauguración 2000
Estadio
Dimensións 133 x 82 m
Capacidade 20.059
Propietario Concello de Gosford
Localía Central Coast Mariners (A-League) (2005–presente)
Northern Eagles (NRL) (2000 - 2002)
Central Coast Rays (ARC) (2007)


O Central Coast Stadium, coñecido como Bluetongue Stadium por razóns de patrocinio por parte da cervexeira Bluetongue, é un estadio multiusos de Gosford, na Costa Central de Nova Gales do Sur, Australia. O estadio foi inaugurado en febreiro de 2000 e é a sé do Central Coast Mariners, que xoga na A-League. O estadio tamén alberga partidos de rugby union, rugby a 13 e outros eventos sociais importantes.

Deseñado orixinalmente para ser o estadio do North Sydney Bears de rugby, o estadio é rectangular e é inusual xa que só hai tres tribunas de asentos, xa que o extremo sur está aberto dando vistas ao estuario Brisbane Water a través dunha fileira de palmeiras. Cunha capacidade de 20.059 prazas sentadas desde 2012, o estadio é o segundo máis pequeno da A-League. Atópase a pouca distancia do centro de Gosford e da estación de ferrocarril.