Australian Football League
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Australian Football League, coñecida popularmente polo acrónimo AFL, é a principal liga profesional de fútbol australiano. Do mesmo xeito, a través da súa comisión directiva, a AFL é o órganismo que goberna este deporte e que dicta as leis do xogo.
A competición naceu a finais do século XIX no estado australiano de Victoria como Victoria Football League, e trocou o seu nome polo actual en 1990 trala ampliación do torneo ós estados veciños de Nova Gales do Sur, Queensland, Australia Occidental e Australia Meridional.
Equipos [editar]
Na actualidade 18 clubs compoñen o campionato, 10 deles de Victoria (9 de Melbourne), 2 de Nova Gales do Sur, 2 de Australia Meridional, 2 de Australia Occidental e 2 de Queensland.
|
|