Brisbane Roar Football Club
| Nome | Brisbane Roar FC Pty Ltd | ||
|---|---|---|---|
| Alcume(s) | The roar | ||
| Fundación | 2005 (8 anos) | ||
| Estadio | Lang Park Brisbane, Australia |
||
| Capacidade | 52.500 | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Liga | A-League | ||
| 2010-11 | 1º (liga regular) Campeón (fase final) |
||
| Vestimenta | Reebok | ||
| Patrocinador | The Coffee Club | ||
| Páxina web | Páxina web oficial | ||
|
|
|||
Índice |
Historia [editar]
Tras o anuncio da creación dun novo campionato de liga, coñecido como A-League, varios empresarios da cidade de Brisbane decidiron impulsar a candidatura dun equipo que disputase a máxima competición. O consorcio que encabezaba a proposta chamábase Queensland Lions Soccer Club, nome inspirado nun club que xogou na National Soccer League desde 1977 ata 1988. En marzo de 2005, a empresa foi unha das oito elixidas para dirixir unha franquía na nova liga.
Inicialmente o equipo chamouse Queensland Roar, e con ese nome xogou as primeiras catro tempadas da liga. Tras realizar un papel mediocre nos seus dúas primeiras tempadas (sexto e quinto posto), Roar soubo reforzarse contratando a xogadores como Craig Moore (Newcastle United) e Danny Tiatto (Leicester City) entre outros, cos que aspirar a cotas máis altas. Na tempada 2007-08 terminou cuarto e chegou á final preliminar polo título, para caer ante os eventuais vencedores Newcastle Jets. En 2009 terminou terceiro, correndo a mesma sorte na fase final.
Uniforme [editar]
- Uniforme titular: Camiseta laranxa, pantalón granate é medias laranxas.
- Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón laranxa é medias brancas.
Durante as primeiras tempadas o uniforme era camiseta laranxa e pantalóns azuis, en homenaxe a os orixes holandeses de Queensland Lions aínda que Brisbane Roar no ten ningún vínculo étnico. De feito, Brisbane Roar mantén sinais de identidade da antiga franquía como o león no escudo.
A empresa Reebok se encarga dos deseños da equipamento, mentres que o patrocinador e The Coffee Club, unha franquía australiana de cafeterías.
Estadio [editar]
Brisbane Roar disputa os seus partidos como local en Lang Park, coñecido por razóns de patrocinio como Suncorp Stadium. Ademais de albergar partidos de fútbol, fai as veces de campo de rugby. Dispón de capacidade para 52.500 persoas.
Xogadores [editar]
Plantilla 2011/12 [editar]
|
|