Malacostráceos
Malacostráceos Malacostraca Rango fósil: cámbrico - actualidade | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Eophreatoicus sp, un isópodo dulciacuícola de Australia | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Subclases | |||||||||
|
A dos malacostráceos (Malacostraca) é unha subclase de crustáceos que inclúe a case todas as especies máis coñecidas destes animais, como os decápodos (lagosta, lumbrigante, cigala, centola, nécora etc.) os estomatópodos (como Squilla mantis) e o krill. Así mesmo comprende tamén os grupos dos anfípodos e os isópodos (cochinillas da humidade).
Describíronse máis de 42.000 especies de malacostráceos, case as dúas terceiras partes de todas as especies de crustáceos.[1]
A súa taxonomía é obxecto de controversia: existen varias escolas que disputan as categorías dos subgrupos.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra Malacostraca deriva do grego e significa "os de cuncha branda", de μαλακός malakós, "brando" e ὄστρακον óstrakon, "cuncha".
Segundo algúns, posibelmente foi usada por vez primeira por Aristóteles co fin de diferenciar estes animais dos moluscos de cuncha dura, como ameixas ou ostras, cos que se confundían naquela época.[Cómpre referencia]
Porén, o nome é engañoso, xa que a cuncha ou casca destes animais é só branda e suave inmediatamente despois da muda ou écdise e é xeralmente dura.[2]
O termo malacostráceos [3] ás veces contraponse a entomostráceos, nome aplicado a todos os crustáceos que non son malacostráceos, que antigamente se reunían no taxon obsoleto dos Entomostraca.[4]
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]O corpo dos malacostráceos está formado por 19 segmentos (excepto nas 36 especies de leptostráceos, que teñen 20), distribuídos en tres rexións ou tagmas:
- Céfalon ou cabeza, con 5 segmentos. Posúe dúas anténulas e dúas antenas, así como o aparello bucal. Xeralmente teñen un par de ollos compostos, moitas veces pedunculados.
- Tórax, con 8 segmentos. Os segmentos primeiro, segundo e terceiro poden fusionarse coa cabeza (cefalotórax), e os seus apéndices respectivos estar modificados en maxilípedos. Os segmentos restantes forman o pereion e levan cada un un par de patas marchadoras (pereiópodos). En moitos malacostráceos, o pereion está cuberto na súa totalidade, ou en parte, por unha cuberta única ou cacho.
- Pleon ou abdome, con 6 (ou 7, nos leptostráceos) segmentos. Os seus apéndices denomínanse pleópodos.
- Estómago (dividido en dúas cámaras).
- Sistema nervioso centralizado.
Clasificación
[editar | editar a fonte](Segundo Martin & Davis)[5]
Dado que a taxonomía do grupo está en desenvolvemento, aconséllase que se cotexe con obras doutros autores (por exemplo, en Tree of Life, Malacostraca Arquivado 02 de xuño de 2013 en Wayback Machine., e noutras páxinas web citadas en ligazóns externas).
Clase Malacostraca Latreille, 1802
- Subclase Phyllocarida Packard, 1879
- Orde Archaeostraca †
- Orde Hoplostraca †
- Orde Leptostraca Claus, 1880
- Subclase Hoplocarida Calman, 1904
- Orde Stomatopoda Latreille, 1817
- Subclase Eumalacostraca Grobben, 1892
- Superorde Syncarida Packard, 1885
- Orde Palaeocaridacea †
- Orde Bathynellacea Chappuis, 1915
- Orde Anaspidacea Calman, 1904
- Superorde Peracarida Calman, 1904
- Orde Spelaeogriphacea Gordon, 1957
- Orde Thermosbaenacea Monod, 1927
- Orde Lophogastrida Sars, 1870
- Orde Mysida Haworth, 1825
- Orde Mictacea Bowman, Garner, Hessler, Iliffe & Sanders, 1985
- Orde Amphipoda Latreille, 1816
- Orde Isopoda Latreille, 1817
- Orde Tanaidacea Dana, 1849
- Orde Cumacea Krøyer, 1846
- Superorde Eucarida Calman, 1904
- Orde Euphausiacea Dana, 1852
- Orde Amphionidacea Williamson, 1973
- Orde Decapoda Latreille, 1802
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.
- ↑ Patricia Vickers Rich, Mildred Adams Fenton, Carroll Lane Fenton & Thomas Hewitt Rich (1996): "Crustaceans". En The Fossil Book: a Record of Prehistoric Life 2nd ed. Courier Dover Publications. pp. 213–221. ISBN 978-0-486-29371-4. [1].
- ↑ A adaptación normal ao galego de Malacrostraca debería ser, segundo as normas de adaptación de voces grecolatinas, malacóstracos, pero adoita facerse coa desinencia -áceos por influecia de crustáceos (Crustacea), esta si ben adaptada. O mesmo ocorre con entomostráceos. Porén, Cf. entomóstraca.
- ↑ Hugh F. Clifford (1991): "Introduction to the Malacostraca". En Aquatic Invertebrates of Alberta: an Illustrated Guide. University of Alberta. pp. 173–175. ISBN 978-0-88864-234-9. [2]
- ↑ Martin, J. W. & Davis, G. E. (2001): An Updated Classification of the Recent Crustacea Arquivado 29 de decembro de 2009 en Wayback Machine.. Natural History Museum of Los Angeles County.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Malacostráceos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Malacostráceos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6.
- Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Invertebrados. Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4.
- Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
- Remane, A., Storch, V. e Welsch (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal.. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Malacostraca Arquivado 24 de novembro de 2012 en Wayback Machine. en Tree of Life. (en inglés) Consultada o 19/12/2012.
- Malacostraca Arquivado 28 de setembro de 2012 en Wayback Machine. en Fauna Eueropaea. (en inglés) Consultada o 19/12/2012.
- Malacostraca en SIIT. (en inglés) Consultada o 23/05/2019.
- Malacostraca en World Register of Marine Species. (en inglés) Consultada o 19/12/2012.
- Malacostraca en Animal Diversity Web. (en inglés) Consultada o 19/12/2012.
- Malacostraca en NCBI. (en inglés) Consultada o 19/12/2012.