Squilla mantis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Squilla mantis
Galera
Squilla mantis - Naturmuseum Senckenberg - DSC02132.JPG
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Subclase: Hoplocarida
Orde: Stomatopoda
Suborde: Unipeltata
Superfamilia: Squilloidea
Familia: Squillidae
Xénero: Squilla
Especie: S. mantis
Nome binomial
Squilla mantis
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia
Véxase o texto

A galera, Squilla mantis, é unha especie de crustáceo malacostráceo da subclase dos hoplocáridos, orde dos estomatópodos e familia dos esquílidos, unha das numerosas comprendidas no xénero Squilla.[1]

É un marisco que se pesca en grandes cantidades,[2] aínda que non é moi apreciado gastronomicamente, pese ao seu excelente sabor, debido a que posúe pouca carne.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especide foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae baixo o nome de Cancer mantis.[1]

Sinónimo[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente váliso a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[1]

Características[editar | editar a fonte]

Nótese o 2º par de pereiópodos

A galera pode chegar a alcanzar uns 200 mm de lonxitude.[4]

Presenta oito pares de apéndices no cefalotórax (pereiópodos), sendo os cinco primeiros fortes e curtos, terminados nunha uña curvada e adaptados para escavar.[4]

O segundo par é máis robusto e de maior lonxitude que o resto, e se presenta dentado con cinco espiñas.[4]

A súa coloración é amarela ferruxenta, parda clara ou cor salmón, con bordos azulados e avermellados, sendo de cor máis clara na zona ventral.[2]

Os ollos son verdosos, con manchas de cor púrpura rebeteadas de branco.[2]

Os ollos están sustentados por longos pedúnculos móbiles, e son moi complexos.[5]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Distribución[editar | editar a fonte]

Squilla mantis é unha espècie propia do mar Mediterráneo e do Atlántico noroeste.[1]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Encóntrase sobre fondos pedregosos ou lamacentos fangosos do litoral.[3]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Squilla mantis á venda nun mercado catalán

Alimentación[editar | editar a fonte]

A galera é un animal carnívoro. A súa dieta componse principalmente de peixes e de outros crustáceos.[4] Captura ás súas presas utilizando o seu longo par de brazos, suxeitándoas coas afiadas espiñas ou golpeándoas coa grosa punta.[5]

Reprodución[editar | editar a fonte]

A época da desova ten lugar entre maio e xuño.[2]

Pesca[editar | editar a fonte]

Squilla mantis é o único estomatópodo nativo que se pesca a escala comercial no Mediterráneo. Máis de 7 000 t captúranse anualmente, o 85 % das cales se apañan nas costas italianas do mar Adriático.[6] Tamén se captura no mar Xónico, fronte a Sardeña, e fronte á costa de Cataluña e das Illas Baleares. Fóra do Mediterráneo, consómese en Andalucía, no golfo de Cádiz, que é de onde procede o nome vulgar de galera.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Squilla mantis (Linnaeus, 1758) no WoRMS. Consultada o 28 de febreiro de 2021.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Riedl, R. (2011). Fauna y Flora del Mar Mediterráneo. Barcelona, España: Ediciones Omega. ISBN 978-84-282-0767-6. 
  3. 3,0 3,1 Antonio Jonch Cuspinera; Carlos Bas Peired (1972). La Vida Maravillosa de los Animales, Tomo II, Invertebrados. Barcelona, España: Instituto Gallach de Librería y Ediciones. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Bellmann, H. (1994). Arácnidos, Crustáceos y Miriápodos. = Madrid, España: Ediciones Blume. ISBN 84-8076-065-6. 
  5. 5,0 5,1 Debelius, H. e Wirtz, P. (2004). Guía de Invertebrados del Mediterráneo y Atlántico. Elx, España: Grupo Editorial M&G Difusión. ISBN 978-84-9522-320-3. 
  6. "Global Production Statistics 1950-2005". FAO. Consultado o 28 de febreiro de 2021. 
  7. Squilla mantis (Linnaeus, 1758) en ictioterm.es

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]