Maxilípedo
En zooloxía, chámamse maxilípedos, maxilípedes[1] ou patas maxilas aos apéndices torácicos de moitos artrópodos (crustáceos e miriápodos), que serven para auxilialos na alimentación.
Encóntranse próximos á boca e poden teren pequenas quelas para aseguraren os alimentos.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo maxilípedo entrou nas liguas modern as a través do francés maxillipède, construído polos elementos maxilli-, tirado do latín maxilla, 'mandíubula', e -pède, derivado do latín pēs, pedis, 'pé', 'pata'.[3]
Crustáceos
[editar | editar a fonte]Nos crustáceos das clases dos malacostráceos, maxilópodos e ramipedios, os maxilípedos son apéndices dos primeiros segmentos torácicos ou toracómeros (do 1º ao 3º), anteriores e fusionados co céfalon, que están incorporados á cabeza como pezas bucais adicionais para a manipulación do alimento.[4]
Miriápodos
[editar | editar a fonte]Nos miriápodos, os maxilípedos son cada un dos apéndices do tronco dalgús destes animais que asumen funcións tróficas (prensión ou mastigación dos alimentos) propias dos apéndices cefálicos. Concretamente nos quilópodos son cada un dos apéndices do primeiro par do tronco, modificados como garras dirixidas para adiante (forcípulas) e adpatados para a captura das presas, e coas que lles ixenctan veleno.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Coordinadores: Jaime Gómez Márquez, Ana Mª Viñas Díaz e Manuel González González. Redactores: David Villar Docampo e Luís Vale Ferreira. Revisores lingüísticos: Víctor Fresco e Mª Liliana Martínez Calvo. (2010). Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés. (PDF). Xunta de Galicia. p. 112. ISBN 978-84-453-4973-1.
- ↑ Metazoa "Crustacea" no sitio do Educandário "Imaculada Conceição" de Florianópolis, Brasil[Ligazón morta]. Consultado o 15 de marzo de 2017.
- ↑ Consultado no Trésor de la Langue Française informatisé Arquivado 02 de maio de 2017 en Wayback Machine., o 15 de marzo de 2017.
- ↑ Garrido, Carrlos (1997): maxilípede (Arthropoda:Crustacea).
- ↑ Garrido, Carrlos (1997): maxilípede (Arthropoda:Myriapoda).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Garrido, Carlos (1977): Dicionário terminológico quadrilíngue de Zoologia dos Invertebrados. A Corunha: Associaçom Galega da Lingua. ISBN 84-87305-12-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Crustaceamorpha: Appendages Universidade de California, Berkeley (en inglés)
- Maxilliped Natural History Museum of Los Angeles County. Crustacea: Glossary (en inglés)