Saltar ao contido

Metámero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Metámero
 Subclase de
 Caracterizado por
Wikidata
Metamerización homónoma dun anélido.

Coñécese como metámero cada un dos segmentos que se repiten en certos grupos de animais, celomados de simetría bilateral (bilateria). A metamerización é unha das principais modificacións do celoma. Cada metámero ten cavidades celómicas separadas das doutros metámeros por tabiques, e as estruturas internas (ganglios nerviosos, nefridios, gónadas etc.) e externas (patas, branquias etc.) están repetidas en cada metámero.

Existen tres tipos de metamerización: homónoma, heterónoma e pseudometamería.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]