Amphionides reynaudii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Amphionidacea")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Amphionides reynaudii
Larva de Amphionides reynaudii
Larva de Amphionides reynaudii
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Superorde: Eucarida
Orde: Amphionidacea
D. I. Williamson, 1973
Familia: Amphionididae
Holthuis, 1955
Xénero: Amphionides
Zimmer, 1904
Especie: A. reynaudii
Nome binomial
Amphionides reynaudii
(H. Milne-Edwards, 1833)
Sinonimia[1]
  • Amphion armata Koeppel, 1902
  • Amphion provocatoris Bate, 1888
  • Amphion reynaudii H. Milne-Edwards, 1833
  • Amphionides valdiviae Zimmer, 1904

Amphionides reynaudii é unha especie de crustáceo da clase dos malacostráceos, superorde dos eucáridos, que é o único representante coñecido da orde dos anfionidáceos.

É un pequeno animal plantónico (mide menos de 2,5 cm) que se encontra ao longo dos océanos tropicais de todo o mundo, as larvas principalmente en augas pouco profundas e os adultos a maior profundidade.

Características[editar | editar a fonte]

Amphionides reynaudii crece até unha lonxitude máxima de 25 mm. Desde o punto de vista morfolóxico é un crustáceo bastante inusual, con moitas partes do corpo reducidas ou ausentes. Por exemplo, ten soamente un par de pezas bucais, o maxilar; as mandíbulas e maxílulas son vestixiais.[1]

Machos e femias difiren na forma das antenas, e tamén pola presenza nos machos do oitavo par de apéndices torácicos, aínda que nunha forma reducida. Este é o lugar onde está o gonóporo masculino (o gonóporo da femia está no sexto par de apéndices torácicos).[1] O primeiro pleópodo da femia agrándase enormemente e case encerra o amplo caparazón. Isto presúmese que é para que sexa unha cámara na que os óvulos son fecundados e que permanecen alí até a eclosión.[1] Os máis aerodinámicos caparazón e pleópodos do macho fan que sexa máis hidrodinámico e capturan tan menos machos que femias.

Distribución e ecoloxía[editar | editar a fonte]

Amphionides reynaudii ten unha área de distribución cosmopolita en todos os océanos tropicais. É un animal plantónico, que habita en augas de menos de 100 m de propfundidade en estado larvario, pero máis frecuentemente a profundidades de 700 a 1 700 m cando é adulto.[1]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Orixinalmente descrito a partir das súas larvas, pensouse nun principio que era unha gamba. Non foi até 1969 cando se observou unha forma adulta (que fora descrita por Carl Wilhelm Erich Zimmer en 1904) e só en 1973 foi creada a súa propia orde por Donald I. Williamson.[1]

O epíteto específico, reynaudii, deullo Henri Milne-Edwards en honor dun amigo seu, posibelmente François Dominique de Reynaud, conde de Montlosier.[2] O nome xenérico utilizado por Milne-Edwards, Amphion, foi invalidado por coincidir co xénero Amphion Hübner, 1819, da familia dos Sphingidae.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Donald I. Williamson (1973). "Amphionides reynaudii (H. Milne Edwards), representative of a proposed new order of Eucaridan Malacostraca". Crustaceana 25 (1): 35–50. JSTOR 20102008. doi:10.1163/156854073X00470. 
  2. Hans G. Hansson. "Reynaud". Biographical Etymology of Marine Organism Names. Göteborgs Universitet. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2011. Consultado o 29 de novembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]