Estomatópodos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Estomatópodos
Stomatopoda
OdontodactylusScyllarus2.jpg
Odontodactylus scyllarus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Subclase: Hoplocarida
Orde: Stomatopoda
Latreille, 1817
Subordes e Superfamilias
Véxase o texto

A dos estomatópodos (Stomatopoda) é unha orde de crustáceos da clase dos malacostráceos, a única da subclase dos hoplocáridos.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A orde foi descrita en 1817 polo zoólogo francés Pierre André Latreille.[1]

Clasificación[editar | editar a fonte]

A orde comprende unha soa suborde, a dos unipeltados, coas superfamilias seguintes:[2]

  • Orde Estomatópodos Latreille, 1817
    • Suborde Unipeltados Latreille, 1825
      • Superfamilia Bathysquilloidea Manning, 1967
      • Superfamilia Erythrosquilloidea Manning & Bruce, 1984
      • Superfamilia Eurysquilloidea Manning, 1977
      • Superfamilia Gonodactyloidea Giesbrecht, 1910
      • Superfamilia Lysiosquilloidea Giesbrecht, 1910
      • Superfamilia Parasquilloidea Manning, 1995
      • Superfamilia Squilloidea Latreille, 1802

Características[editar | editar a fonte]

Os estomatópodos son crustáceos mariños carnívoros, que diverxeron doutros membros da clase dos malacostráceos hai uns 340 millóns de anos.[3]

Normalmente alcanzan os 10 cm de lonxitude, aínda que algúns poden alcanzar os 38 cm.[4] A especie máis grande capturada tiña unha lonxitude de 46 cm; foi apañada no río Indian preto de Fort Pierce, Florida, Estados Unidos.[5]

A casca destes animais cobre só a parte traseira da cabeza e os primeiros catro segmentos do tórax. As súas cores son variadas, e van desde tons marróns até cores vivas. Coñécense máis de 450 especies de estomatópodos, que están entre os depredadores máis importantes en moitos hábitats mariños de pouca profundidade, nos mares tropicais e subtropicais. Poré, a pesar de ser moi comúns, son mal coñecidos, xa que moitas especies pasan a maior parte da súa vida escondidas en buratos.[6]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Stomatopoda Latreille, 1817 no WoRMS. Consultado o 28 de febreiro de 2021.
  2. Unipeltata, Latreille, 1825 no WoRMS. Consultado o 28 de febreiro de 2021.
  3. Van Der Wal, Cara; Ahyong, Shane T.; Ho, Simon Y.W.; Lo, Nathan (21 de setembro de 2017). "The evolutionary history of Stomatopoda (Crustacea: Malacostraca) inferred from molecular data". PeerJ 5: e3844. PMC 5610894. PMID 28948111. doi:10.7717/peerj.3844. 
  4. James Gonser (15 de febreiro de 2003). "Large shrimp thriving in Ala Wai Canal muck". Honolulu Advertiser. 
  5. "美國佛州漁民捕獲「巨蝦」 長46公分" (en chinés). China Times. 6 de setembro de 2014. Consultado o 2 de setembro de 2015. 
  6. Ross Piper (2007). Extraordinary Animals: An Encyclopedia of Curious and Unusual Animals. Greenwood Press. ISBN 978-0-313-33922-6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]