Gai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para o artigo sobre o lugar, véxase Gai, Vilaxuste, Portomarín

Comunidade homosexual na Arxentina.

Un gai[1] ou gay[2] (do inglés gay, esta do francés gai e esta do latín gaudio) é un home homosexual que mantén unha certa actitude e un certo estilo de vida que implican a reivindicación e a afirmación da súa orientación sexual en pé de igualdade coas demais. Porén, na linguaxe coloquial emprégase con frecuencia como sinónimo de homosexual, do mesmo modo que na tradición anglosaxoa abrangue tanto homes como mulleres[3].

Denominación[editar | editar a fonte]

O termo inglés gay, que nos países anglosaxóns se emprega como sinónimo de homosexual (home ou muller), ten a súa orixe na palabra gai, utilizada no século XIII para referirse á persoa que practicaba o culto ó amor cortés homosexual. O amante ou compañeiro era coñecido como gaiol. Nos séculos posteriores o termo gay pasou a ser sinónimo de prostituta, logo empregouse para sinalar a calquera persoa socialmente indesexable, e finalmente a cultura británica adoptouno para denominar pexorativamente ós homosexuais[4].

Nos Estados Unidos a primeira vez que se utilizou publicamente a palabra gay como sinónimo de homosexual foi na película Domando a fera, dirixida por Howard Hawks en 1938, e na que participación Katharine Hepburn e Cary Grant. O termo gay (substantivo ou adxectivo) foi adoptado pola comunidade homosexual de San Francisco para autoidentificarse dunha forma positiva e reivindicativa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Termo recollido no Gran Dicionario Xerais da Lingua (2009), con 2 acepcións: 1. Relativo á homosexualidade masculina. 2. Home homosexual.
  2. Definición de gay* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. HIDALGO, M. (01/2005). www.revistafusion.com, ed. "Pedro Zerolo". Consultado o 23/01/2011.  (en castelán)
  4. www.lesgou.com (ed.). "De dónde viene el término gay y lesbiana". Consultado o 28/01/2011.  (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]