Saltar ao contido

Fa'afafine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fa'afafine
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Aspecto de
Códigos e identificadores
Freebase/m/06d22p Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Unha organización fa'afafine no desfile do orgullo de Auckland en 2016.

Fa'afafine (tamén pronunciado faafafine, fafafige ou fafafine) é un chamado terceiro sexo na cultura de Samoa. As fa'afafine son bioloxicamente homes que durante a súa nenez foron elixidos para asumir roles femininos polas súas familias. Esta práctica non é rexeitada pola sociedade samoana.

Orixe do termo

[editar | editar a fonte]

A palabra fa'afafine inclúe o prefixo causal fa'a que significa "na forma de", e a palabra fafine que significa "muller". Esta palabra está relacionada con outras linguas polinesias como o tongano, que usa as palabras fakafefine ou fakaleiti, o maorí whakawahine e o hawaiiano māhū.

As fa'afafine na sociedade

[editar | editar a fonte]

Comunmente dise que os pais samoanos con moitos fillos e poucas fillas visten a un dos nenos de rapaza e asígnanlle realizar tarefas domésticas coma a limpeza da casa. Existe pouca evidencia de que esta caracterización sexa correcta, xa que os pais samoanos raramente desexan que un dos seus fillos medre como un fa'afafine, ademais, algúns fa'afafine medran en familias con moitas fillas e poucos fillos.

A maioría dos samoanos non consideran as fa'afafine como mulleres, aínda que as tratan como tal. A sociedade trata as fa'afafine cunha mestura complexa de impaciencia, burla, tolerancia e en ocasións admiración pola súa forma de vestir, o seu arranxo do cabelo e os seus accesorios, particularmente fermosos. Os pais a miúdo preocúpanse de que as súas fillas fa'afafine sexan maltratados por outros nenos, pero moitos se senten afortunados porque teñen a alguén que se fará cargo deles na vellez, mentres o resto está ocupado coas súas propias familias.

Moitas fa'afafine son prominentes en todos os aspectos da sociedade samoana como traballadoras, administradoras, educadoras, persoas de negocio, anciás das igrexas e artistas. Son recoñecidas polo seu arduo traballo e adicación á familia e a miúdo son as que se fan cargo dos seus pais anciáns así como dos fillos dos seus irmáns e irmás.

As fa'afafine tomaron parte no desenvolvemento contemporáneo das artes en Oceanía, como os traballos de escritura e pintura de Dan Taulapapa McMullin, a artista e curadora Shigeyuki Kihara e a artista de moda Lindah Lepou. Recentes exhibicións de artistas indíxenas pertencentes á comunidade LGTB incluíndo as fa'afafine, foron a Exhibición de Arte Measine Fa'afafine en Auckland (2007) e a Hand in Hand Art Exhibition en Sydney (2008).

Organizacións

[editar | editar a fonte]

En anos recentes varias organizacións envolvéronse na promoción da saúde e a calidade de vida das fa'afafine, entre estas atópase a Organización Fa'afafine Samoana de Apia, a Island Queens Alliance of Pago Pago en Samoa Americana, UTOPIA de San Francisco, UTOPIA Hawaii de Honolulu, e a Faafafine Fono en Auckland, Nova Zelandia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Milner, G.B. 1966. Samoan Dictionary. "Fa'afafine" páxina 52 bajo "Fafine"
  • Besnier, Niko. 1994. Polynesian Gender Liminality Through Time and Space. In Third Sex, Third Gender: Beyond Sexual Dimorphism in Culture and History. Edición de Gilbert Herdt. Páxinas 285-328.
  • Mageo, Jeannette M. 1992. Male transvestism and cultural change in Samoa. American Ethnologist 19: páxinas 443-459.
  • Mageo, Jeannette M. 1996. Samoa, on the Wilde Side: Male Transvestism, Oscar Wilde, and Liminality in Making Gender. Ethos 24(4): páxinas 588-627.
  • Schmidt, J. 2001: Redefining Fa'afafine: Western Discourses and the Construction of Transgenderism in Samoa (inglés) Arquivado 07 de xuño de 2023 en Wayback Machine.